O Clasicismo é un estilo musical europeo desenvolto entre 1750 e 1820 por compositores como Wolfgang Amadeus Mozart e Joseph Haydn. Coincide co movemento cultural e artístico chamado Neoclasicismo, que afectou á arquitectura, literatura e outras artes.
Berlín, París, Mannheim, e especialmente Viena foron os centros musicais do Clasicismo.
O século XVII foi o século da Ilustración, e o seu estilo promovía o gusto polo natural, o equilibrio e a claridade evitando os excesos da música barroca.
Frases musicais simétricas similares á música folclórica.
A sinfonía é unha composición musical de grandes dimensións para ser interpretada por unha orquestra.
CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
- Textura: melodía acompañada. Predominio da voz superior. O acompañamento está agora escrito (o baixo continuo cae en desuso).
- Melodías curtas e simétricas.
Frases con antecedente e consecuente (ou pregunta e resposta), rematadas con dominante e tónica respectivamente.
- Harmonías moi claras,
basadas en acordes de tónica, dominante e subdominante, cadencias moi claras. A maior parte da música estaba escrita en Modo Maior.
- Ritmo moi claro e gobernado pola harmonía.
- O Piano (pianoforte) reempraza ao clavicémbalo como instrumento solista.
- Amplíase a orquestra e as súas dinámicas.
- As formas estandarizadas definíronse e extendéronse por toda a música occidental: sonata, symphony e concerto clásico.

|