music
listen


vocalMÚSICA VOCAL


ÓPERA
A ópera é unha forma artística na que os cantantes e os músicos interpretan un traballo dramático combinando texto (chamado libretto) e partitura musical nun escenario.
Incorpora moitos elementos do teatro falado (actores, escenario, vestiario) e, ás veces, inclúe danzas.

A ópera naceu en Italia a finais do século XVI cos experimentos da Camerata Florentina, combinando música, teatro e danza.
Monteverdi, co seu Orfeo, consolidou a forma da ópera.


As partes dunha ópera son:

       - Obertura: a primeira peza instrumental interpretada pola orquestra que da comezo á ópera.

 
      - Recitativos, nos que os cantantes avanzan nos diálogos da obra cun canto silábico recitado acompañados só do baixo continuo.

        - Arias, unha peza musical solística, lírica, elaborada e, moitas veces virtuosa.
opera

         - Danzas

         - Coros, normalmente para 4 voces, imitando aos coros do teatro grego clásico.


farinelli
Algunhas actuacións facíanas os castrati: un tipo de voz masculina equivalente a unha soprano, mezzo-soprano, ou contralto.
A voz é producida pola castración do cantante antes da pubertade, ou nalgúns casos, debido a unha condición endocrinológica, o home nunca alcanza a madurez sexual.
Os castrati foron as primeiras "Estrelas" operísticas, gañando enormes salarios e a adulación do público (como Farinelli).

A ópera foi imposta como o "gran espectáculo" do barroco en toda Europa en italiano (excepto en Francia, que a ópera era escrita en francés).

Outros xéneros musicais teatrais semellantes foron máis populares: con personaxes contemporáneos e humor ísticos (xeralmente de clase baixa), nas linguas de cada país e pasaxes faladas no canto de recitativos. Estes espectáculos foron introducidos tanto como un intermedio entre os actos de ópera seria ou coma obras independentes; reciben nomes distintos en cada país: singspiel (Alemaña), zarzuela (España), ópera bufa e intermezzi (Italia), ópera-cómica (Francia),
etc
go
ORATORIO
O Oratorio era case idéntico á ópera musicalmente falando (con máis énfase nos coros), pero tiña temas relixiosos e non se escenificaba (como "versións de concertos").
A diferencia da ópera (normalmente en italiano), os oratorios soían escribirse nas linguas vernáculas.
O exemplo máis famoso é O Mesías de Handel.

Un caso particular de oratorio, representado nas igrexas Protestantes da época, foi a Paixón. A Paixón segundo San Mateo de Bach é o exemplo máis coñecido.

CANTATA
A cantata era unha nova forma relixiosa in lingua vernácula, non escenificada, con sinfonías instrumentais, recitativos, arias e coros.
go