![]() |
![]() |
MÚSICA INSTRUMENTAL |
| A ORQUESTRA Coa a aparición da ópera a principios do século XVII, a música escribiuse cada vez para máis grupos de músicos, dando orixe á música orquestral. Tamén se desenvolveu a construción de instrumentos. A familia da corda fretada alcanzou o seu grao máximo de perfección nas mans de luthiers como Stradivarius e Amati. Os ventos madeiras foron transformados na corte francesa de Versalles, aparecendo entón o oboe, fagot e frauta barroca. FORMAS SOLÍSTICAS Preludios, Fantasías e Toccatas eran composicións para un só instrumento (normarmente de teclado) con carácter improvisatorio e cheas de ornamentación. ![]() Estas pezas soían ir seguidas por unha Fuga (a 2, 3, 4 ou 5 voces): derivada do vello ricercare. Tiña unha melodía breve chamada suxeto (tema) que se iba introducindo nas demáis voces e desenvolvéndose en contrapunto imitativo SONATA A palabra "sonata" refírese a unha composición para ser " sonada ", para un ou dous o instrumento máis o habitual baixo continuo barroco. ![]() A combinación máis común inclúe violín, frauta ou oboe para as voces superiores, e chelo e un instrumento polifónico ( órgano, clave, arpa, laúde...) para o continuo: esta textura amosa a típica polarizacións das voces na música barroca. A Sonata soe dividirse en 3 ou 4 movementos que contrastan en carácter e tempo: Largo - Allegro - Adagio - Allegro. CONCERTO - CONCERTO GROSSO: É unha forma de música barroca na que o material musical pasa dun grupo pequeno de solistas (o concertino) á orquestra completa (ripieno ou tutti). - CONCERTO SOLO: É un concerto no que un só solista está acompañdo pola oequestra. É o tipo de concerto máis frecuente hoxendía. SUITE A suite é unha serie de movementos ou pezas de danza. A súa secuencia clásica inclúe : - Allemande : Danza alemana de ritmo quaternario. ![]() - Courante : Ritmo ternario e máis rápida que a Allemande. - Zarabanda : Danza española ternaria e lenta que acentúa o segundo pulso. - Giga : Danza irlandesa rápida e de subdivisión ternaria. Nunha suite tamñen podemos atopar: - Minueto: co ritmo ternario dun vals. - Rondó : peza pequena baseada na repetición dun tema ( A), con intrusións ( B , C , D). De carácter aristocrático, vigorosa e moi sofisticada ritmicamente, a suite derivou dos ballets de cour da corte francesa de Versalles, e acabouse infiltrando en toda a música instrumental francesa, alemana e mesmo italiana A súa transformación en pezas independentes foi estilizando a música de cámara. ![]() |