m
l
cMÚSICA PROFANA:
TROBADORES E XOGRARES


O dominio da relixión na música medieval levou a unha falla de interese pola canción popular, considerada coma un evento pagán.
XOGRARES
t
lOs Xograres eran personaxes errantes que iban polas cidades entretendo ao público nas prazas, nos mercados ou nas festas.

Foron os representantes da música profana medieval, e pertencían á clase social baixa.
A pesar do seu baixo estatus social, sabían facer un pouco de todo: cantaban, recitaban, tocaban instrumentos, bailaban e facían complicadas acrobacias.

TROBADORES
tOs Trobadores xurdiron no sureste de Francia como resultado das Cruzadas de finais do século XI, para narrar as conquistas máis importantes.
Eran poetas e compositores que pertencían á nobreza e á burguesía.
tCantaban na lingua Provenzal.
Os temas principais das súas cancións eran o amor, a guerra (eventos históricos e heroicos), a natureza, o honor a as súas amadas.
Acompañaban os seus cantos con varios instrumentos: viola, arpa, laúde ou percusión.

 
En España as cancións profanas chamáronse cantigas. Eran de diferentes tipos:
Cantigas de amor: cancións de amor, o amado cantaba para atraer a atención da súa amada.
Cantigas de amigo: a amada cantaba, triste pola ausencia do seu amado, chamado “amigo”.
Cantigas de escarnio ou maldicir: temas morais e satíricos.r

As cantigas están recollidas en series de cancioneiros ou códices.
As Cantigas de Santa Maria son 420 poemas con notación musical escritas en Galego-portugués.

Alfonso X “O Sabio” (1221–1284) foi un rei en Castela e León que vivíu no século XIII.
Foi un gran amante da música, e compuxo e recopilou as cancións que lle gustaban. Atribúeselle a composición das Cantigas de Santa María.


As Cantigas de Santa Maria é unha das maiores coleccións de cancións monódicas da Idade Media. Caracterízanse por nomear á Vixe María en cada unha das cancións; cada 10 cancións, unha é un himno.

Os manuscritos están recollidos e 4 códices: 2 no Escorial, 1 na Biblioteca Nacional de Madrid e 1 en Florencia (Italia). Algúns deles conteñen miniaturas pintadas que amosan pares de músicos tocando unha gran variedade de instrumentos da época.

Alfonso X "O Sabio" (Cantigas de Santa María), Martín Códax (7 cantigas de amigo), Xoán de Cangas (3 baladas) e Mendiño (unha cantiga de amigo) son algúns dos trobadores da península Ibérica.
go