m
l

eNACEMENTO DA POLIFONÍA

O canto de varias voces que soan á vez, a Polifonía, comezou no século IX. Este foi un dos eventos máis significativos en toda a historia da música.

Os dous tipos básicos de polifonía na Idade Media foron o organum e discantus.


ORGANUM ( Séculos IX-X)

Organum foi unha das primeiras formas de polifonía occidental, que acadou o seu máximo esplendor coa Escola de Notre Dame, en París, o centro da Ars Antiqua (especialmente entre os séculos XI e XII).
oNa música occidental da Idade Media, o Organum foi un xénero de música relixiosa, destinado a mellorar a interpretación dunha pasaxe paralela, engadindo unha segunda voz.
Baseouse na repetición paralela da mesma melodía, nota a nota, pero normalmente a unha distancia de catro ou cinco notas.
O canto gregoriano é a vox principalis, a segunda voz é a vox organalis.

 
DISCANTUS ( Século XI)

No Discantus as voces van en movemento contrario.
d

ARS ANTIQUA ( Séculos XII-XIII)

No século XIII, moitas cancións polifónicas (a varias voces) foron compostas na
Catedral de Notre Dame. Leonin e Perotin foron dous compositores deste estilo, e había un gran número de artistas que permaneceron no anonimato.
Neste momento, o número de voces implicadas no canto foron aumentando, tornándose, á súa vez, máis independentes.

Unha das formas musicais máis importantes foi conductus, onde o compositor compoñía todas as voces (a vox principalis xa non era un canto gregoriano, era composta coma as outras).

c

Había tamén outras formas polifónicas máis desenvolvidas, como o motete, onde cada voz ten un texto diferente. Os primeiros motetes foron compostos en latín, pero a partir de mediados do século XIII empregouse moito o francés.


Os centros musicais máis importantes deste movemento foron:
Abadía de San Marcial (Limoges)
Catedral de Notre Dame (Paris)
Catedral de Santiago de Compostela co Códice Calixtino.
c
O Códice Calixtino é unha fonte moi importante para a historia da música xa que inclúe a partitura polifónica máis antiga que existe a 3 voces, do século XII.

O Códice contén 5 libros e 2 apéndices.c
- O Libro V é unha especie de "Guía de Peregrinos a Santiago". Amosa os lugares que se poden visitar ao longo da ruta e avisa aos viaxeiros dos perigos cos que se poden atopar no camiño. Describe tamén a cidade de Santiago e a súa catedral con gran detalle.
    - O Apéndice I contén partituras, 22 composicións escritas para 2 voces e un himno para 3 voces.
    - No Apéndice II estaba o Himno dos Peregrinos: Dum pater familias.

O códice foi roubado da caixa de seguridade dentro dos arquivos da catedral o 3 de xullo do 2011, e atopouse no 2012.

 ARS NOVA(Séculos XIV-XV)

Ars Nova é o título dun libro que propuxo novas técnicas de composición da época.
Así xurdiu o nome deste novo estilo musical, nacido no século XIV, destinado a romper toda a tradición e regras anteriores (Ars Antiqua), dacordo co espírito gótico
da época.
 r
O motete era a forma musical principal, cun ritmo complexo.
A música compoñíase para ser apreciada e non exclusivamente para unha finalidade específica.
O compositor tiña máis liberdade e xa non era anónimo.
Aumentaron as composicións musicais profanas (música
instrumental, danza ...)


Guillaume de Machaut  foi un dos compositores máis importanttes do período incorporando novas técnicas de polifonía.

O documento máis importante do Ars Nova en España é o Llivre Vermell no Monasterio de Montserrat (Barcelona), que recolle cancións e danzas de peregrinos.
go