A música da Roma Antiga formaba parte da cultura romana desde os primeiros tempos. As romanos disfrutaban moito coa música e empregábase para moitas actividades: uso militar, música para funerais, reunións privadas, presentacións públicas no escenario e grandes espectáculos de gladiadores. A música tamén foi usada en cerimonias relixiosas.
As cancións (Carmen, carmina plural) eran unha parte de case todas as ocasións sociais. Os romanos consideraban a música como un sinal de educación.
 Os concursos musicais eran bastante comúns e atraían a moita xente, incluíndo o propio Nerón, que comezou como un afeccionado e que logo viaxou a Grecia para competir.
Baixo a influencia da teoría grega, a música foi pensada para reflectir a orde do cosmos, e foi asociada principalmente coas matemáticas e o coñecemento.
A música acompañaba espectáculos e eventos na area, e formou parte da Pantomima (unha forma primitiva de ballet que combinou a danza expresiva, a música instrumental e un libreto cantado).

|