O uso de c/cc, ca/cua/co (e exercicios)
En galego comezan por CA- palabras como:
Cadro, cadrado, cal?, canto?, cando?, encadrar, recadar, caderno, catro, calidade (“característica”).
En galego comezan por CO- palabras como:
Corenta, corentena, coresma, cota.
En galego comezan por CUA- palabras como:
Cuadrúpede, cualificar, cuantioso, cuartear, cuartel, cuarteto, cuarto/-a, cuadrangular, cuadratura, cuadraxésimo, cuadrícula, cuadrilátero, cuadrúpede, cuarzo.
Non esquezas
Despois da reforma normativa de 2003, nos
grupos consonánticos cc e ct suprímese a consoante que segue as vogais i e u: produto, conflito.
Actividade de encher espazos
Completa as seguintes palabras con ca, cua ou co.