O acento diacrítico
O acento diacrítico:
Emprégase o acento gráfico con función diacrítica para
distinguir palabras homógrafas (que se escriben igual) que non sexan homófonas (mesmo son).
Cando dúas palabras poidan confundirse, pónselle acento
á que ten vogal aberta ou á que é tónica.
A acentuación diacrítica
Á:
contracción prep. a + artigo a ( Vou á Coruña).
Extremidade de paxaro. partes dunha á de paxaro.
Ás:
contracción prep. a + artigo as (Gústame xogar ás cartas).
Extremidade de paxaro (plural): O paxaro ten as ás rotas.
e mais carta da
baralla.
Bóla (corpo
esférico): acento diacrítico para diferencialo de
Bola/bolo (de pan):
a bola ou rosca ten un burato no medio, o bolo, molete ou fogaza, non.
Cá:
contracción da conxunción comparativa ca
+ o artigo a (É máis grande cá miña casa).
Cás:
contracción da conxunción comparativa ca
+ o artigo as (Son máis grandes cás nosas casas).
Chá: terreo
chan (Manuel María era da Terra Chá).
Chás: terreo chan (en plural) (Antano botabamos centeo nas chás).
Có: contracción
da conxunción comparativa ca + o artigo o (Es máis espelido có teu irmán).
Cós:
contracción da conxunción comparativa ca
+ o artigo os (Quérelle máis ós meus cós teus amigos).
Cómpre: é
preciso (p3); acento diacrítico. (Cómpre obedecer as normas).// compren: verbo comprar, mercar (Non é preciso que compren nada).
Cómpren: é
preciso (p6); acento diacrítico. (Cómpren moitas horas de estudo para aprobar este exame).
Dá: verbo
dar (p3). (Nunca dá feito o traballo a tempo). // da= contracción dea prep. de + artigo a: Veño da Laracha.
Dás: verbo
dar (p2). (Dásme un chicle?). //das (Dáme das outras).
Dó: Nota
musical. (Dó, Re, Mi, Fa, Sol...).// do (Veño do fútbol)
Sentimento de pena, dor. (Dáme moita dó velo nese estado de angustia).
É: p3 do
presente de indicativo do verbo ser. (É máis forte ca min). // E= coxunción (Fas e desfas ó teu xeito).
Fóra:
adverbio de lugar (Botoume fóra da estrada adrede).// Fora=verbo ser (Se fora el de viaxe comigo saberíalo).
Má: sinónimo: mala. Más: sin. Mala (plural)
Máis : adverbio de cantidade. (Queres máis café?).// mais= pero; conx. "e" (Xoán mais eu imos de compras).
Nó: corda entrelazada, resultado de atar. (Aprendín a facer nós de mariñeiro).
Contracción da preposición en+ artigo o:
(Espérote na biblioteca).
Nós: pl. de nós (Cantos nós lle fago a esta corda?).
Pronome persoal tónico 1ª persoa plural (Nós fixemos a tarta e eles non nos deixaron
nada).
Ó: contracción da prep. a + artigo o. Tamén se pode escribir "ao" (Vou ó/ao cine de cando en vez).
Ós: contracción da prep. a + artigo os. Tamén se pode escribir "aos" (Dálle de beber ós/aos paxariños).
Óso: osamenta, acentuación diacrítica.
(Rompín un óso do dedo). // Oso: animal plantígrado.
Pé: extremidade do corpo, acentuación diacrítica. (Teño os pés doloridos). Pe: letra P.
Póla: ramificación da árbore, acentuación diacrítica. (Gabeou pola póla da cerdeira e apañou moitas cereixas). Pola: ave . (A pola nova xa ten pitiños).
Pór : verbo poñer. (Debes pór en orde os teus asuntos).
Présa: estar apurado. (Non podo quedar, levo présa). // Presa: encoro. (Choveu tanto que a presa rebordou). Botín; peza que se obtén no exercicio da caza. (Foi presa do pánico).
Sé: (lat. Sedem) lugar eclesiástico: capital da Diócese.
Só: soidade. (Gústame estar só). // So= debaixo de: somete as sabas.
Té: infusión.
Vén: verbo vir, p3 ( El non vén connosco?) // ven: verbo ver, p6. (Ven ben?)
Vés: verbo vir (Vés ou non?) // ves: verbo ver, p2. (Ves algo?).
Vós: pronome persoal tónico 2ª persoa plural.