Identifica e explica os erros ortográficos das seguintes frases:
· O pasado mes de Febreiro fun a barcelona.
· O pasado mes de febreiro fun a Barcelona. (Os meses do ano non se poñen en maiúscula e Barcelona, que é o nome dunha cidade si)
· O artista que tocou na obra do xx aniversario do seu pai comezou a obra cun Do, Re, Mi...
· O artista que tocou na obra do XX aniversario do seu pai comezou a obra cun do, re, mi... (As notas musicais non se poden poñer en maiúsculas, os números romanos sí)
· ¿É a sra. Sánchez? chámoa para confirmar a cita.
· ¿É a Sra. Sánchez? Chámoa para confirmar a cita. (As abreviaturas de tratamento escríbense con maiúscula, e despois dunha interrogación que actúa como punto tamén)
· O señor director díxome que fose o sergas para que me revisaran polo accidente que sufrín.
· O señor Director díxome que fose ao Sergas para que me revisaran polo accidente que sufrín. (As xerarquías escríbense con maiúscula “Director”, os acrónimos tamén)
Pon maiúsculas nos seguintes textos segundo conveña:
Opción 1
o acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos príncipes de asturias e polo presidente da república de bulgaria, georgi parvanov.
O acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos Príncipes de Asturias e polo presidente da República de Bulgaria, Georgi Parvanov.
"Destino: Santiago" é unha mostra que xorde do diálogo entre diferentes artistas e Compostela. Segundo os comisarios da exposición, Manuel Oliveira e Cecilia Pereira,
este acto enmárcase no programa de difusión da cultura galega no exterior que está a promover a dirección xeral de creación e difusión cultural da xunta de galicia. tras o seu paso pola capital búlgara a exposición iniciará un percorrido por diferentes capitais europeas.
Este acto enmárcase no programa de difusión da cultura galega no exterior que está a promover a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia. Tras o seu paso pola capital búlgara a exposición iniciará un percorrido por diferentes capitais europeas.