Abreviacións (e exercicios)
Abreviatura
É
a representación dunha palabra cunha ou máis das súas letras, a primeira delas
é a inicial.
Características
distintivas:
Van
seguidas de punto (etc.; dpto.; tfno.: etcétera, departamento, teléfono).
Levan
acento se o leva a palabra da que procede (páx.; cód.: páxina, código).
Símbolo
É
unha forma abreviada de recoñecemento internacional que na ciencia e na técnica
se refire a unha palabra ou a un sintagma.
Características
distintivas:
Non
levan punto ao final (cm, h, m, km…).
O propio símbolo recolle o singular e o
plural (20 cm, 2 h…).
Sigla
É
un conxunto de letras que ten como fin a abreviación dunha denominación ampla e
que se forma coas formas iniciais das formas plenas.
Características
distintivas:
Non
levan espazo nin punto entre as letras (IVE, DNI, DOG).
Non
se acentúan.
Escríbense
en maiúscula.
Acrónimo
É
a unión de máis dunha letra de todas ou algunha das palabras da denominación
completa, para facilitar a súa pronuncia.
Características
distintivas:
Só
se escribre con maiúscula a letra inicial: Inem (Instituto Nacional de
Emprego), Tecor (Terreo cinexéticamente ordenado)…