Aprendizaxe por proxectos
Obxectivos
Este bloque estará dedicado á aprendizaxe por proxectos e botará man dos contidos utilizados nas tarefas anteriores.
Coñecementos previos
Antes de comezar proponse o visionado de dous vídeos que axudarán a enfocar o tema deste módulo. No foro deste módulo cada persoa expoñerá as principais liñas metodolóxicas que cadaquén está poñendo en práctica nas súas aulas e a súa coincidencia ou diferenza co exposto nos vídeos.
O primeiro vídeo é un fragmento da entrevista que Eduard Punset lle fixo ao profesor Roger Schank no seu programa Redes dedicado á "Crise educativa". O segundo titúlase "Cambiando os paradigmas (educativos)" e está baseado nunha conferencia de Ken Robinson.
Entrevista a Roger Schanck por Boulesis. En Youtube Licencia standard de Youtube
Ken Robinson:Changing Paradigms (Spanish) por RSA, publicado e subtitulado por Verónica Vera. En Youtube Licencia standard de Youtube
Verdadeiro / Falso
Escolle a opción correcta.
Feedback
Falso
Segundo Roger Schanck a aprendizaxe ten que facerse experimentando, facendo, sendo o protagonista activo da propia aprendizaxe.
Enche os buratos
Completa a oración coas palabras que faltan.