Este vai ser o curso de Historia de España para 2º curso de Bacharelato. O obxectivo é cubrir o temario, desde Prehistoria até a Transición democrática e a España actual. Traballaremos sempre a partir de documentos escritos; isto é, textos a comentar; con todo, tamén empregaremos fotos, vídeos, cancións ... É dicir, calquera fonte de información que nos permita adquirir un maior coñecemento da Historia de España.
Cada trimestre realizaremos dous exames a partir dos temas vistos (agás, tal vez, no terceiro). Na nota final vai haber unha parte importante que saia da entrega de textos comentados, non son obrigatorios e, polo tanto, todos van ser valorados e sumarán para esa nota final. Tamén haberá traballos a realizar como eixos cronolóxicos ou un traballo sobre artistas dos séculos XIX e XX.
Non imos preparar especificamente a ABAU pero si iremos facendo exames que copien o seu modelo ou intentaremos empregar o tempo que nos conceden no acceso á Universidade para cada proba.
Animádevos!
Tema 1.- Prehistoria e Idade Antiga.
Tema 2.- Idade Media.
Tema 3.- Idade Moderna. Séculos XVI e XVII.
Tema 4.- Século XVIII.
Tema 5.- Historia Política do século XIX (1800-1875)
Tema 6.- Historia económica do s. XIX (1800-1875)
Tema 7.- A Restauración (1875-1931)
Tema 8.- II República e Guerra Civil (1931-1939)
Tema 9.- O Franquismo (1939-1975)
Tema 10.- A Transición e a España actual (1975- )
