A palabra xeografía procede dos termos gregos ge (terra) e graphein (representar e describir). Significa, polo tanto, representación e descripción da Terra.

A xeografía ocúpase especificamente do espazo, as paisaxes e as actividades que se desenvolven sobre o territorio, e analiza a relación entre a natureza e a sociedade, así como as súas consecuencias. Ten como obxectivo a comprensión do territorio, produto da interrelación de múltiples factores físicos e humanos.


O obxectivo desta materia e explicar a realidade xeográfica española, con especial atención ao territorio galego. Buscando unha interpretación global e interrelacionada de cada fenómeno xeográfico, e ofrecer os mecanismos que sirvan para dar respostas e explicacións aos problemas do territorio español. Para isto é necesario a posta en práctica de instrumentos propios da disciplina (cartografía, imaxes ou estatísticas de distinto tipo) o que permite a posibilidade de analizar e realizar interpretacións globais, sistemáticas e integradas da realidade, identificar as unidades territoriais, as paisaxes, e os resultados da actividade humana para poder coñecer e comprender o espazo.



Grazas a este coñecemento adquirido, a xeografía pode transmitir a idea de responsabilidade dentro da sociedade, posto que o ser humano é o principal axente de transformación do medio natural e de xestión dos recursos.