Historia da Filosofía, ademais de ser unha materia que dá sentido e continuidade desde unha perspectiva histórica ás ideas que se presentaron nas materias de Filosofía de cuarto de ESO e Filosofía de primeiro de bacharelato, contribúe ao desenvolvemento integral dos alumnos e das alumnas de bacharelato, xa que permite tomar conciencia do seu ser como ser pensante e autónomo, e reflexionar sobre as súas propias crenzas, ideas e conviccións e as do mundo que hai arredor, de xeito crítico e razoado, e rexeitalas e/ou modificalas, ou asumilas como parte de si. Historia da Filosofía non se presenta como un percorrido cronolóxico polas ideas do pensamento occidental sen máis; tampouco debería ser un simple compendio de autores e autoras, senón un intento de achegamento ao esforzo do ser humano por comprender a realidade e o propio ser humano en todas as súas dimensións. Trátase dunha investigación que nos fará máis libres, permitiranos comprender o pasado e o presente, e proxectar solucións sobre os problemas que se nos formulen no futuro. É no pensar de "outros/as" (e con "outros/as") como se foi configurando ao longo da historia das ideas, como lograremos estimular o noso propio pensamento, ese "sapere aude" kantiano, que nos leve a xerar as nosas propias ideas tendo en conta de onde proceden e respectando as persoas que non pensan coma nós. Ese pensar a través do diálogo de distintos/as autores/as e épocas que foron creando aproximacións ou tendencias cara á verdade respecto aos problemas e ás grandes preguntas que se formulou o ser humano ao longo da súa existencia constitúe a Historia da Filosofía. E nese percorrido, o alumnado deberá reflexionar sobre as razóns da p