• Hai dúas maneiras de recuperar a materia pendente de 1ª lingua estranxeira inglés:

    Primeira opción: Aprobando as dúas primeiras avaliacións do curso actual, e/ou a convocatoria final apróbase automáticamente a materia pendente de calquera curso anterior cunha cualificación de 5. Se quixeran aspirar a unha nota superior a 5 deberán presentarse a algún dos exames que se detallan na segunda opción.

    Segunda opción: Realizaranse dúas probas de produción e comprensión escrita (febreiro e maio, aproximadamente) nas que entra toda a materia do curso pendente; ditas probas serán elaboradas e corrixidas polos membros do departamento, e supervisadas pola xefatura de departamento, e basearánse nos contidos recollidos no material de reforzo. Superando a materia pendente na primeira convocatoria xa non haberá que presentarse á segunda. 

    De cara ao cálculo da nota da materia pendente, as probas escritas suporán unha porcentaxe da nota que varía segundo o curso (ver táboa). Para a porcentaxe restante da nota (“avaliación continua”) avaliarase o traballo do/a alumno/a no seu curso actual.

    As porcentaxes por curso para calcular a nota da materia pendente son as seguintes:

    Curso pendente

    1º ESO

    2º ESO

    3º ESO

    1º BACH

    Proba escrita (febreiro ou maio)

    50%

    60%

    70%

    80%

    Avaliación contínua

    50%

    40%

    30%

    20%

     
    O seguimento das materias pendentes realizarase trimestralmente. Na 1ª avaliación, como non se terán feito probas da materia pendente, a nota asignada a cada alumno corresponderá á nota de traballo diario do seu curso actual. No 2º e 3º trimestres, a nota reflectirá a media ponderada da proba escrita de pendentes dese trimestre e o traballo de clase do curso actual segundo as porcentaxes anteriormente indicadas. 
    Nesta aula virtual están colgados os materiais de reforzo para preparar a proba escrita de cada curso. Estes materiais poderanse entregar para corrección á profesora de inglés do curso actual, á que se lles poderán tamén plantexar dúbidas. Este traballo tamén se poderá ter en conta de cara ao cálculo da nota de traballo diario.