Hª do Mundo Contemporáneo 1º Bac
Actividade para os alumnos de HMC de 1º Bac A e B:
Mentres non recibimos instruccións concretas da Consellería sobre o que se ha de facer no 3º trimestre, continuamos coas indicacións en vigor, polo que se informa aos alumnos da realización da seguinte actividade de repaso:
-Elaboración dun power point ou un resume en Word do Tema 2: A crise do Antigo Réxime, seguindo as seguintes pautas:
a) A estructura debe ser a do libro, coas súas fases e características principais, obviando as secundarias.
b) Pódense engadir imaxes tanto do libro como de outras fontes, que sexan axeitadas ao tema.
c) A presentación debe ser correcta e o traballo persoal. Non valen copias disimuladas doutros traballos ou doutras fontes.
d) O prazo para a presentación remata o próximo xoves 23 de abril ao correo historiabreamo@gmail.com
e) Pódense facer consultas sobre o traballo e entregalo en calquer momento antes da data indicada.
Procurade estar atentos ás novidades que podan aparecer na Aula virtual do ies breamo.