Dr Scratch
O Dr Scratch é unha aplicación web desenvolvida para avaliar un programa en diferentes aspectos computacionais. Para acceder a el preme aquí.Esta é a portada:

Para avaliar o teu programa tes dúas opcións: copiar a url do programa se traballas co editor online, ou subir o arquivo dende ordenador e traballas co editor offline.
Como avalía?
O Dr Scratch puntua de 0 a 3 sete aspectos computacionais. A puntuación máxima é 21 puntos.
Aquí tedes unha táboa resume dos apectos que avalía así como se consigue cada un dos puntos en cada aspecto:
|
1 punto |
2 puntos |
3 puntos |
|
|
Control de fluxo |
programa secuencial |
programa iterativo
|
programa iterativo+condicional
|
|
Representación de datos |
Uso dos comandos de scratch para definir os atributos dos obxectos |
Uso de variables |
Uso das listas |
|
Paralelismo |
ter varios programas que se inicien con bandeira verde |
ter varios programas que se inicien ao premer unha tecla ou un obxecto |
Iniciar os programas con:
|
|
Abstración |
máis dunha personaxe e máis dun programa |
uso de bloques |
uso de clons |
|
Interactividade do usuario |
Uso de
|
Uso de
|
Uso do sensor de vídeo e de son
|
|
Lóxica |
uso de condicional:
|
uso de condicional
|
Uso de condicionais e os operadores lóxicos :
|
|
Sincronización |
Uso do comando agardar
|
uso do comando enviar mensaxes
|
uso dos comando agardar ata ou cando cambie o fondo.
|
Ademais de estes puntos tamén da información sobre boas prácticas en catro parámetros:
Programas duplicados:
Cando hai dúas secuencias de programas iguais nos qu cambiam os valores dos comandos. Sempre se pode sustituir por un bloque
Nomes incorrectos:
Os obxectos deberían estar correctamente nomeados (e non sprite1, sprite2..). Cando hai poucos obxetos ao mellor non é tan necesario pero si hai moitos pode ser confuso a hora de recoñecelos. Así que é unha boa practica aconstumarse dende o inicio a nomear os obxectos.
Código morto:
As veces deixamos código sen conectar a ningún evento ou a ningunha secuncia con evento, polo que ese código non vai funcionar nunca. Outras veces programamos un código con ao recibir unha mensaxe e non funciona porque nunca enviamos esa mensaxe. Este código é necesario revisalo, xa que é posible que o programa non faga o que nos queremos que faga. Se non é necesario hai que eliminalo
Inicialización dos atributos correctamente
A cada obxecto ao mellor é necesario darlle unha posición inicial ou unha orientación, ou tamño, color…
Hai que ter en conta que:
Dr Scratch examina os aspectos da programación que se mencionan arriba, pero non avalía a dificultade previa a elaboración do programa, o algoritmo necesario que nos permita realizalo. Así podemos ter programas con pouca puntuación en Scratch como por exemplo "A fábrica de muiltiláteros":

Esta puntuación é debido a que o básico do programa redúcese a un bucle (estrutura repetitiva):

A verdadeira dificultade do programa radica en ser capaz de obter o algoritmo que relaciona o ángulo de xiro co número de lados do polígono, para poder automatizar o debuxo. Este proceso non é intuitivo, é necesario ter coñecementos previos sobre xeometría dos polígonos regulares e relacionar correctamente eses coñecementos.
Isto implica que a avaliación do Dr Scracth é limitada ás boas prácticas na escritura de código e algúns aspectos da programación, pero non avalía os procesos previo a esa escritura, que existen e son necesarios para realizar un bo traballo na programación. Por iso mesmo a información que nos da ten relevancia para como facer mellor un programa, unha vez que tes o algoritmo de ese programa. A partir de aí podes usar o Dr Scratch para mellorar a túa programación.








