Anexo: Uso das listas: Recoñeces estes instrumentos?
Introdución
Neste apartado imos coñecer o uso das listas como forma de representación de datos. As listas nomeámolas no tema de estruturas básicas de programación. As listas é un almacen de datos (permite gardar máis de un dato (un número, unha palabra..) a vez, nas variables so se pode gardar un de cada vez) de forma ordenada. Cada dato que gardemos nunha lista estará colocado nunha posición. Por exemplo a seguinte lista de videoxogos clásicos:
![]() |
a primeira posición é para o pacman, a segunda para rally X, a terceira para space invaders..e así sucesivamente. Estan ordenados e ese orde o marca o número 1,2,..é dicir teñen unha posición fixa na lista. (as posicións empezan a numerarse por 1, non existe posición 0) |
| Son representación de datos igual que as variables e hai que crealas ao igual que as variables. Para elo hai que darlles nome: | Apareceran os seguintes comandos para traballar con elas: |
![]() |
![]() |
Unha vez que se crea a lista, para engadir (e borrar) os elementos podemos facer das seguintes maneiras:
Comandos para as listas
Imos ver que significa cada comando dos que aparecen para traballar as listas:
| É o nome da lista, permite colocalo como unha variable onde se necesite | |
| engade a lista o que escribamos no lugar de "thing" | |
![]() |
borrar un elemento da lista. Na frecha pódese escoller o número de posición do elemento (1,2,..), 0 último ou todos. |
![]() |
insertar na posición lista que marquemos (1, 2, ..última ou ao chou, aparecen se se preme na frecha) o que escribamos en lugra de "thing" |
![]() |
trocar o elemento escollido (na frecha: a posición 1,2,.., último e ao chou) de lista polo que se escriba no lugar de "thing" |
![]() |
elemento dado da lista, tento por posición (1,2..)como o último ou escollido ao chou. |
| mide a lonxitude de lista (número de elementos que ten a lista) | |
| buscador na lista do escrito no lugar de "thing". Dirá se é si (cando o elemento está) ou non (cando o elemento non está na lista) | |
| amosar a lista no escenario | |
| esconder a lista do escenario |
Crea a túa lista de videoxogos preferidos
Trátase de que crees unha lista cos teus videoxogos favoritos. Vaslle chamar videoxogos e terá polo menos cinco elementos. A posición 1 da lista será para o videoxogo que che guste dende fai máis tempo, a así sigues cos demais videoxogos de maneira que a súa posición está determinada pola antigüedade do teu gusto por eles.
Reflexión
Que diferencia existe entre engadir e insertar?
Usos das lista nos videoxogos
O uso máis obvio é como almacen de datos. Por exemplo se facemos un xogo de preguntas e respostas as respostas poden estar almacenadas nunha lista de maneira que o programa faga unha pregunta, ti das a contestación e di se é correcto ou non, comparando a resposta que se escribe coa que hai na lista de respostas.
Pero as listas permitenos outros usos para os videoxogos. Dous usos interesantes das listas son:
-Usar a lista para aparición ao chou de diferentes elementos. Por exemplo se temos unha serie de obxectos que aparecen ao inicio do xogo podemos facer que aparezan en ordes diferentes ao chou, de maneira que o xogo sempre empece diferente
-Usar a lista para almacenar e comparar dous ou mías feitos que ocurren nun xogo e permitir dicir se algo é correcto ou non. Así non enchemos a lista co número de elementos que queremos comparar e cando a lonxitude da lista sexa igual a ese número de leemntos facemos a comparación entre elementos.
No seguinte apartado desenvolveremos un xogo que permiten ver na práctica eses dous usos das listas.






