Exemplo de avaliación

Avaliación e mellora dun programa usando Dr Scratch

Cando se propon un exercicio que a súa resolución pasa por escribir un programa hai múltiples solucións posibles, e todas son correctas se cumpren os obxectivos pedidos.

O Dr Scratch avalía unha serie de ámbitos para dar información sobre o programa feito, con uso didáctico para axudar a mellorar os programas realizados con Scratch.

No vídeo amosase un exemplo de como mellorar un programa coa información que da Dr Sratch. O programa usado é "Proba para mago aprendiz", proposto na sección de exercicios avanzados de Inicación a Scratch.

A dificultade de este programa tamén está en coñecer o algoritmo (é dicir pensar para saber como realizar o programa) que despois nos permite escribilo, e iso o Dr Scratch non o avalía (non o olvides!!)

Mellora a puntuación en Dr Scratch dun programa

Trátase de buscar o teu programa que fixeches para a "Proba do mago aprendiz" e ver que puntuación ten en Dr Scratch, e a partir da información da grella de avaliación intentar ter algún punto máis. ( Se neste programa tes unha puntuación moi alta é non podes mellorala máis, escolle outro)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0