Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. TIC217
  3. General
  4. Simulador para calcular a nota de admisión ás universidades

Simulador para calcular a nota de admisión ás universidades

Completion requirements

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer a disposición do alumnado galego que comeza hoxe a proba da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) un simulador para calcular a nota de admisión nas distintas titulacións das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Esta ferramenta é moi sinxela de empregar. O alumno ou alumna debe introducir a nota que obteña nas distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

De xeito automático, o simulador calculará a nota final de admisión a cada unha das titulacións do SUG. Ademais, pódense seleccionar os cinco graos de máis interese para o alumno ou alumna.

Cómpre diferenciar a nota de admisión –isto é, a cualificación final obtida tras a suma da nota de bacharelato e da ABAU e as pertinentes ponderacións en función da titulación escollida– coa nota de corte, posto que esta é a nota de acceso á universidade do último estudante que logrou a admisión nunha titulación con límite de prazas.

Este simulador xa está dispoñible na páxina web da Consellería, no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262 .

Click on Simulador para calcular a nota de admisión ás universidades to open the resource.
You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle