A PROGRAMACIÓN está a ser chamada "o novo inglés", esa meta ou necesidade que todo o mundo precisará no futuro. A domótica está chegando aos nosos fogares, o "Internet das Cousas" (o frigorífico intelixente, os coches autónomos, por exemplo), as aplicacións para móbil, e un longo etcétera están a inundar a nosa cotianidade. 

Pero a programación non é crear estas aplicacións e programas, é moito máis, é comprender cómo se desenvolve e asumir que todos, en maior ou menor medida, podemos crear. Fai 10-15 anos consumíamos información en internet, só uns poucos creaban contidos, hoxe todos participamos deste coñecemento colectivo, escribimos nun blogue, compartimos un vídeo, ... Nun principio pode ser por lecer e sen máis pretensións, pero cada vez recorremos máis a estes recursos, feitos por xente coma nós, para aprender algo novo. E algún día seremos nós os que teñamos algo que aportar.

A programación tamén amosa beneficios educativos por canto favorece o pensamento computacional, ordenado, creativo, secuenciado, ... colaborativo, compartido, ...

Deixémonos de fundamentación pedagóxica e vaiamos ao meollo do asunto: comecemos debuxando sen debuxar, programando. Empregaremos un entorno visual, por bloques, máis adiante veremos como é a programación clásica, escrita, con ordes e comandos.

Comezaremos con BlocksCAD, unha aplicación na nube na que nos rexistraremos para poder gardar os nosos proxectos e poder compartilos ou telos accesibles en todo momento e lugar. (Nos equipos antigos pode non funcionar).

Última modificación: viernes, 11 de noviembre de 2016, 06:42