I Concurso TECnoEBA de curtametraxes sobre Educación Viaria.
You do not have permission to view discussions in this forum.
Completion requirements
Inspirado na IV Edición dos Premios Nacionais de curtametraxes de Educación Viaria 2106 impulsados por RACE o departamento de Tecnoloxía propón un concurso-actividade das mesmas características. O seu sería participar nos citados premios pero é un concurso destinado ós centros de primaria.
Ainda que as bases de participación van estar adaptadas ás nosas circunstancias o que sí vos pode resultar moi interesante á hora de preparar/realizar a vosa curta sería o material didáctico que propón a páxina web do concurso así como as curtas gañadoras nas últimas edicións.
Bases de Participación:
- O concurso vai dirixido a todo o alumnado de 3º ESO do IESEBA que cursa Tecnoloxía.
- A curtametraxe será realizada polos equipos (5-6 alumnos) conformados dende o comezo de curso.
- Como actividade colaborativa de curso a curta será cualificada.
- Como concurso a curta gañadora será merecedora dun premio por determinar para os seus autores ademais da súa difusión.
- A curta terá unha duración de entre 60 segundos e 2 minutos. Os formatos admitidos serán MP4, MPG, AVI ou 3GP, cun peso non maior a 150 Mb e que deben estar aloxados nas canles de YouTube dos seus autores.
- Só participarán no concurso aquelas curtas que estean licenciadas como Creative Commons na canle de YouTube e así indicado no créditos da mesma.
- Se na curta aparecedes vós ou compareiros vosos como actores debedes acompañar o vídeo coas autorizacións sobre cesión de dereitos de imaxe que teredes á vosa disposición.
- O emprego dunha banda sonora con dereitos de autor non axeitados implica a descalificación automática do concurso e tamén será tido en conta á hora da súa cualificación académica.
Respecto da curtametraxe:
- Valorarase a súa realización con móbil.
- No comezo do vídeo figurará o seu título.
- Nos créditos finais incluirase:
- Autores.
- I Concurso TECnoEBA de curtametraxes sobre Educación Viaria
Patrocinado pola Concellaría de Educación do Concello de Culleredo(queda pendente para o curso 2016-17).- Características do medio de filmación (móbil ou cámara, marca, resolución)
- Banda sonora (propia ou allea -neste caso con título, autor, url da fonte e licencia-)
- Licencia Creative Commons Recoñecemento.
- Representaranse situacións cas que vos podedes atopar tanto de camiño ó instituto (peatón, ciclista, pasaxeiro do transporte público ou privado) como no tempo de lecer, transmitindo unha clara mensaxe de COMPORTAMENTO VIARIO CÍVICO E SEGURO.
- Suxírese ter en consideración a temática do emprego do móbil nos tránsitos mencionados no punto anterior así como na relativa á visibilidade como peón ou ciclista.
Last modified: Thursday, 7 July 2016, 12:24 PM