Esta materia vaite sorprender, non cres?
Requisitos do completado
Dise por aí que unha imaxe val máis que mil palabras polo que non vos vou presentar este vídeo (4:55), olládeo e falamos logo.
Aceptando que sodes como sodes e que estades nun momento formativo e persoal moi especial tentaremos enfocar este curso dun xeito "algo" distinto á metodoloxía escolar tradicional. No seguinte vídeo (3:51) intuiredes por onde van os tiros. Logo vos conto.
Creo que neste momento podemos falar xa das características máis salientables do curso.
Vexamos agora como o imos organizar, neste vídeo (7:54) fixádevos no que propón e non na plataforma que emprega, nós utilizaremos este Curso Virtual de Moodle, recursos propios ou de internet e, entre outras, as ferramentas de Google.
Xa queda menos para falar no noso PROXECTO FINAL.
Falemos agora da importancia do traballo colaborativo que, xa vos aviso, non é o mesmo que traballo en grupo (5:08):
Habilidades del siglo XXI. Colaboración. Recurso de Educarchile con Copyright. Dereito de cita para educación.
Vaimos concretando:
- Pasamos lista e ímonos coñecendo.
- Vexamos agora como está disposta a Aula-Taller e falemos da distribución por parellas e por equipos para os traballos colaborativos.
- Nas mesas dos ordenadores traballarase de pe, ver artigo sobre "Los beneficios de los escritorios elevados" e pensade que o habitual será que traballedes simultáneamente nas mesas e cos ordenadores, cada un terá unha tarefa.
- Cada membro do equipo terá un rol ou cargo, ide pensando a distribución para esta primeira avaliación:
1 MODERADOR: controla a actividade e obriga a respectar as quendas de palabra, controla o ton de voz, evita a dispersión e procura a participación activa de todos os compoñentes do equipo. Será o mediador en caso de conflictos internos.2 SECRETARIO: recolle por escrito as decisións e acordos e mantén actualizado o caderno de equipo.3 PORTAVOZ: comunícase co profesor/a ou co resto da clase.4 COORDINADOR: controla o tempo, os prazos de entrega de traballos, anima aos seus compañeiros/as, aclara o que hai que facer.5 RESPONSABLE DO MATERIAL: recolle e garda o material común, encárgase de pechar a aula común cando o grupo se despraza ao aula-taller ou a aula de informática comprobando o apagado das luces e a orde da aula incluídas as cadeiras sobre as mesas nas derradeiras sesións do día.6 XEFE DE PRENSA: ten acceso ao blogue de aula e encargarase de publicar os traballos realizados polo equipo. Nos equipos de cinco membros este rol será asumido polo portavoz.
- Comentar que para a vindeira sesión formaremos os equipos e que son inamovibles ata fin de curso aínda que podedes redistribuilos cada trimestre logo dunha autoavaliación. Respecto da formación dos equipos non tedes toda a liberdade de formación senón que partiredes dalgunha instrución que vos comentarei na clase.
- Por último recordarvos que deberedes sentarvos sempre no mesmo sitio e non se poden traer mochilas ao aula-taller (calquera material que se traia deberá situarse na bandexa baixo a mesa) xa que disporedes de todo o necesario.
NOTA ACLARATORIA: Aínda que existen diferencias entre traballo colaborativo e traballo cooperativo a pretensión deste curso non é fiar tan fino e posiblemente mestúrense ambos conceptos, o que debe quedar claro é que o obxectivo é o que no artigo define como grupos heteroxéneos de alumnos e alumnas que traballan xuntos para lograr a súa propia aprendizaxe e o éxito do grupo prodúcese cando todos aprenden.
Listo, xa podemos falar do PROXECTO FINAL.
Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM