Benvida
Requisitos do completado
Ola a todos e Benvidos a este novo Curso 2015-16.
Son
Ángel Acción Lamas, accionangel@gmail.com
o profesor que vos acompañará nesta viaxe pola Tecnoloxía e por este Curso Virtual.
E nada máis comezar xa vos estou pedindo cousas, neste caso que me enviedes un correo electrónico dende a vosa conta Gmail coa seguinte estrutura:
Asunto:
3ºX Nome Apelido Apelido
Texto:
Ola Ángel
Este correo é para presentarme e que teñas a miña dirección así como para solicitarte o meu usuario e contrasinal para o curso Virtual Tecnoloxía 3º ESO IESEBA 1516.
Un saúdoNome Apelido Apelido
Unha vez recibades o correo de resposta cos datos para entrar nesta AV deberedes respostar no "Foro de Presentación".
Podedes consultar a cualificación deste correo na "Tarefa 01.01" onde tamén tedes algúns consellos a ter en conta á hora de redactar un.
Aproveito para insistirvos na importancia que está a ter cada día máis o "Traballo en equipo" (vídeo 1:23), xa ves que non dura moito e ademáis son debuxos animados, bótalle un ollo
.
.Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM