Introdución á edición fotográfica
Requisitos do completado
Emprego dun editor online non instalable para aplicar filtros e outros efectos.
Tarefa
A maioría de vós xa empregades o móbil para facer fotos e tamén é frecuente que teñades unha aplicación para editala engadíndolle efectos ou filtros e logo a compartades por whatsapp, instagram, correo electrónico, etc.
Nesta tarefa non é imprescindible que traballedes co móbil aínda que tampouco queda prohibida a posibilidade.
O obxectivo é que todos traballedes sobre unha mesma foto que atoparedes na Comunidade Inforeba1314 na Publicación "Flores filtradas" e na que compartiredes a vosa unha vez a teñades editada. Deste xeito teremos unha visión rápida das posibilidades de edición.
Por suposto publicaredes no voso blog o traballo realizado incluindo as dúas imaxes: a orixinal e a editada e comentaredes o software ou aplicación empregada e os filtros/efectos que empregastes.
CUESTIÓNS A TER EN CONTA:
1. A imaxe orixinal e subida ó meu Drive ten as características que podes ver na imaxe da esquerda.
Se a descargas desde aquí terás unha imaxe de mellor calidade para traballar con ela pero "máis pesada" (ocupa máis)
2. Se entras na Comunidade e a descargas desde alí a imaxe terá unha resolución de 506 x 354 píxeles e ocupará 42,2 Kb en lugar dos 8,07 Mb da imaxe orixinal. Ten menos detalle (suficiente para a web), cárgase máis rápido e "pesa" menos.
Comenta a decisión tomada cando escribas o teu artigo no blog.
Se te decides pola primeira opción que nin se che ocurra subir esa imaxe ó blog porque tardará moito tempo en cargarse a páxina, terás que buscar un programa que lle baixe a resolución (unha imaxe tope para unha páxina web é de 640 x 480 píxeles). Ou podes facer o que eu faría:

- Primeiro compartila na Comunidade e xa se encarga Google + de baixarlle a resolución automáticamente.
- Logo descárgoa e insértoa no blog.