Seguridade en Internet
Requisitos do completado
Neste libro falaremos do concepto de seguridade na rede, navegación segura e de identificación de sitios seguros.
Unha vez que coñeces os riscos ós que te enfrentas, é hora de protexerte, e a mellor forma de facelo é a prevención.
Protexe o teu ordenador:
- Instala un antivirus que analice todo o que descargas.
- Mantén o sistema operativo e o navegador actualizados.
- Utiliza unha conta de usuario con permisos limitados para navegar.
Protéxete mentras navegas:
- Confía na web pero non sexas inxenuo.
- Non fagas clic nos enlaces sospeitosos.
- Ten cuidado co que descargas.
- Desconfía dos correos de remitentes descoñecidos.
- Non abras ficheiros adxuntos sospeitosos.
- Cuida os teus contrasinais.
- Pensa antes de publicar.