Edición de imaxes con GIMP
Requisitos de finalización
Prácticas de edición de imaxe vectorial con GIMP.
Enunciado en preparación.
Nesta primeira experiencia co StopMotion no IESEBA pretendemos unha actividade de exploración e recollida de experiencias, polo tanto teredes poucas pautas a seguir, mellor dito poucas pautas concretas pero sí todas as que se vos ocurran.
Básicamente imos traballar cun gif animado editado en GIMP e de xeito resumido unha opción sería:
Realizar unhas 30 fotos duns obxectos inanimados que forman unha escena e aos que lles cambiades a súa posición entre foto e foto. Con estas fotos obteremos un bucle de 3 segundos aproximadamente. O máis importante será ter un escenario ben iluminado e a cámara fixa nun trípode.
Tamén podes empregar plastilina, obxectos recortados, debuxos en area, nun papel ou nunha pizarra, ..., ou todo mesturado.
Seguindo o titorial anterior e empregando Gimp Belé, Gumer e eu fixemos este pequeno BAG.gif que o noso profesor Tonecho retocou para quedar deste xeito, ábreos co GIMP como capas e verás os fotogramas e a súa duración.
Outras formas de enfocar a tarefa:
- Movie Maker para Windows.
- iMovie para Mac.
- Monkey Jam para Windows.
- Frame by Frame para Mac.
Eiquí tedes dos exemplos cos seus titoriais:
- Con MovieMaker (vídeo en YouTube, 2:43)
- Con Vimeo (3:13)
Consellos:
- Cámara fixa con trípode.
- Non utilizar flash nin superficies moi reflectantes para evitar brillos indesexados.
- Poñer a cámara en resolución baixa para que o vídeo non pese moito. (Logo pódese baixar o tamaño das imaxes no Gimp)
- Planificar a escea tendo en mente cada un dos fotogramas aínda que é mellor facer un storyboard (imprescindible se traballades en equipo) que non ten que ser moi detallado, como un croquis secuenciado.
Outros enlaces interesantes:
Presentación: http://graffica.info/stop-motion-master-bau/
Unha alternativa á realización de fotografías é debuxar en 3D con SketchUp, gardar imaxes como se fosen fotogramas e logo montalas no Gimp como neste exemplo.
Blog TYPE IN MOTION de educaBarrié con diversos Stop-Motion.
Explorar:
especialmente "Buenas Prácticas"
STOP MOTION NOW. Blog educativo audiovisual.