Educación Vial. Se bebes non conduzas (5:21)


Marzo 2015 (1/4)
Campaña Australiana, nadal 2014, de prevención de accidentes de tráfico derivados do consumo de alcohol e drogas.

Reflexiona:

Cal dos protagonistas creedes que terá unha vida máis difícil logo da experiencia dun accidente de tráfico?

Ponte no lugar do autor dun accidente de tráfico do que non é responsable pero que tivo algunha víctima mortal, por exemplo se che sae un neno en bicicleta de súpeto ao teu camiño. Como crees que será o día a día? e cando vexas a un neno que se lle asemelle?

Hoxe non sodes os destinatarios da mensaxe "Se bebes non conduzas" pero sí podedes ser conscientes dos riscos que asumides cando vos subides ao coche dun amigo logo dunha noite de marcha. 
Que é mais cobarde, subir ao coche ainda sendo conscientes de que o condutor non vai nas condicións debidas ou chamar a un taxi, aos teus pais, a un familiar, ou a un amigo que vos vaia recoller?