Recursos alleos

As situacións nas que nos atopemos dependerán da licenza con que estén difundidos os recursos. En resumo:

  • Libros ou calquera material mercado.

Ter adquirido un libro ou calquera outro material suxeito a dereitos de autor non outorga dereito a facer calquera cousa con este. Hai que diferenciar o soporte, que si que nos pertence, do contido de propiedade intelectual, do que unicamente temos un dereito de uso segundo a licenza de adquisición. Así, por exemplo, un libro que compramos dános dereito a fotocopialo para o noso uso, pero non o podemos copiar para logo redistribuílo. Tampouco o podemos dixitalizar ou subilo á rede sen permiso dos titulares dos dereitos.

  • Si a obra utilizada está en dominio público

Non será necesario pedir permiso nin pagar aos seus titulares.

  • Si a obra está suxeita a dereitos de autores, produtores, entidades de radiodifusión ou intérpretes

Teremos que pedir permiso dos titulares, que teñen todos os dereitos reservados, aínda que poderemos exercitar o dereito de cita, coas súas limitacións, e utilización de obras para o ensino.

  • Si a obra está voluntariamente en dominio público

Poderemos utilizala sen problemas.

  • Si a obra está baixo copyleft

Teremos que ler os termos da licenza pero, polo xeral, poderemos exhibila sen problema ningún.

  • Ai a obra está baixo licenza creative commons

Axustarémonos ás condicións particulares da licenza, respectando sempre o dereito de recoñecemento ao seu titular e os posibles límites relacionados co uso non comercial se imos cobrar pola exhibición a obra.