Tripline
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
| Libro: | Tripline |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | miércoles, 19 de noviembre de 2025, 20:33 |
Descripción
Itinerarios sobre Google Maps.
Introdución
Tripline está inicialmente ideada para poder deseñar un roteiro antes de comezar unha viaxe con eventos marcados e xenerar un mapa interactivo tamén pode ser empregado como resume dunha viaxe realizada.Consiste nun mapa cos eventos ou paradas da viaxe, a cada evento se lle pode engadir texto, enlaces e imaxes permitindo que a ruta interactiva resultante se poida incrustar nun blog ou páxina web.
Tarefa
A Tarefa consiste na realización do teu mapa interactivo e a súa inserción no teu blog acompañado dunha descripción da ferramenta e do proceso realizado.O teu mapa interactivo pode ser:
- Da viaxe a Londres que realizache recentemente e para a que poderás empregar algunhas das imaxes que fixeches e nas que non poden sair alumnos que non cursen esta materia de informática.
- Da viaxe a Cantabria e Asturias que vai ter lugar en breve e na que deberás atopar imaxes, reutilizables coa debida mención, dos puntos de interese a visitar.
Proceso
- Escolle o tema a desenvolver.
- Escolle a banda sonora susceptible de emprego en función da súa licencia e gárdaa no teu álbum público de Drive.
- Escolle as informacións propias ou licenciadas para reutilización que incorporarás no teu Tripline (lembra ir anotando as súas orixes para indicalas logo na entrada do blog, podes empregar un documento de texto de Drive para ir anotándoas).
- Edita con Tripline o teu mapa interactivo de xeito similar ao dos exemplos.
- Publica no teu blog o mapa interactivo con información aumentada e fai unha descripción da tarefa e dos pasos seguidos e que incluirá os enlaces necesarios ou aos sitios que ti empregache.
- Envía á tarefa deste AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde publicaras a tarefa.
Recursos
Eiquí tedes un videotitorial en español:e un artigo de presentación de En la nube TIC que resume brevemente a ferramenta.
A modo de ampliación déixovos os seguintes enlaces:
- Blog de Tripline (sitio oficial en inglés).
- Videotitoriais Tripline (sitio oficial en inglés).
Exemplos
Eiquí tedes uns bos traballos de Adrián e Sandra co Tripline:
Avaliación
Os criterios de avaliación da Actividade con Tripline serán os seguintes:- Imaxes propias ou reutilizables correctamente referenciadas na entrada do blogue.
- Existencia dun fondo musical copyleft ou de dominio público ben referenciado na entrada do blogue.
- Relevancia dos enlaces en relación ao tema plantexado.
- Entrada do blogue explicativa da tarefa e do proceso seguido.
- Publicación do mapa interactivo no blog coas dimensións axeitadas.
- Enlaces na entrada do blog.
- Entrega neste AV mediante enlace acortado e hiperenlazado á entrada do blogue onde se publicara a tarefa.
- Puntualidade na entrega.
- Esta tarefa é alternativa a Thinglink e a Maps, elixe a que máis che inspire.
ANTES DE COMEZAR ESTA TAREFA COMPROBA QUE TRIPLINE AÍNDA ESTÁ OPERATIVA.