Gymkhana

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1415
Libro: Gymkhana
Imprimido por: Invitado
Día: martes, 25 de noviembre de 2025, 05:27

Descripción

Gymkhana.

Introdución






Tarefa

Unha vez teñades percorrido todo este libro debedes pensar no voso proxecto de comunicación a partires dunha imaxe (fixa ou en movemento).

Pensade nesta imaxe e sustituide os mapas por comidas, recetas de cociña tradicionais, praias, catedrais, futbolistas, etc. Estas informacións poden ser en formato imaxe ou minivídeos.



Proceso


  • Escolle o tema a desenvolver.
  • Escolle unha imaxe fixa (jpg, png) ou animada (gif) susceptible de emprego en función da súa licencia e gárdaa no teu álbum público de Drive. 
  • Escolle as informacións que incorporarás no teu Thinglink.
  • Edita con Thinglink a imaxe escollida e inclue textos en bocadillos que se abran cando pasa o rato por riba e cando se clique neles deben enlazar con recursos dos seguintes tipos:
    • Texto en pdf aloxado no voso Drive e compartido en público.
    • Imaxe aloxada no voso album e compartido como público.
    • Páxina web externa.
    • Vídeo externo (mellor de YouTube).
    • Mapa de Google maps.

é obrigatorio que existan todos os tipos de enlace mencionados polo que xa vedes que como mínimo ten que ter cinco enlaces.

  • Publica no teu blog a imaxe con información aumentada e fai unha descripción da tarefa e dos pasos seguidos e que incluirá os enlaces necesarios ou aos sitios que ti empregache.
  • Envía á tarefa deste AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde publicaras a tarefa.

Recursos

O primeiro que podes facer é botarlle un ollo a este minititorial a modo de revista en ISSUU:



Ou curiosear polos Scoops de Angel e Gumer:

Exemplos

Aquí vos deixo algúns enlaces aos Thinglinks realizados polos vosos compañeiros do curso 2012-13:

Outros exemplos:

A imaxe non ter que ser fixa, pode ser un gif animado coma este:


Avaliación

Os criterios de avaliación da Actividade con Thinglink serán os seguintes:

  • Imaxe base (fixa ou animada) con licencia de reutilización reflectida na mesma ou na entrada do blog.
  • Existencia dos 5 tipos de enlace.
  • Relevancia dos enlaces en relación ao tema plantexado.
  • Entrada do blog explicativa da tarefa e do proceso seguido.
  • Publicación da imaxe no blog coas dimensións axeitadas.
  • Enlaces na entrada do blog.
  • Entrega neste AV mediante enlace acortado e hiperenlazado á entrada do blog onde se publicara a tarefa.
  • Puntualidade na entrega.
  • Esta tarefa é alternativa á de Tripline e á de Maps, elixe a que máis che inspire.