Edición de imaxes con GIMP
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1314 |
| Libro: | Edición de imaxes con GIMP |
| Impreso por: | Invitado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 9:09 PM |
Descrición
Prácticas de edición de imaxe vectorial con GIMP.
- Podes sustituir as imaxes propostas por outras da túa propiedade sempre que non inclúan imaxes de menores e se saes ti debes indicar na entrada do blog onde publiques o traballo que contas coa autorización dos teus pais. Na entrada do blog referenciarase correctamente (título-autor-licencia).
- Podes sustituir as imaxes propostas por outras con licencia Creative Commons que permitan ser modificadas. Na entrada do blog referenciarase correctamente (título-autor-licencia-enlace á imaxe orixinal)
Gimp 1
Coa fotografía "rostro 1.jpg" realiza un cambio de cor de ollos, eliminado de arrugas e branqueado de dentes tal e como se describe no pdf de axuda "mejora fotográfica del rostro.pdf".
Garda no teu álbum público de G+ estas 3 imaxes:
- A imaxe orixinal.
- A imaxe retocada (cada equipo fai unha e cada membro a personaliza engadíndolle o seu nome -sen apelidos- na zona inferior dereita do seguinte xeito: nome_1314)
- O collage (podédelo facer con Picasa, PicMonkey ou calquera outra aplicación, AQUÍ tedes algunhas opcións) que conteña as dúas imaxes.
- TEF_06: Retoque do rostro.
Gimp 2
Realizaredes unha fotomontaxe coas imaxes "cabritas.jpg" e "paisaje.jpg" coa axuda do pdf "instrucciones fotomontaje GIMP". Trátase de insertar o mozo coas dúas cabritillas na escea da paisaxe.
Garda no teu album de G+ estas 4 imaxes:
- A imaxe das cabritillas.
- A imaxe da paisaxe.
- A imaxe da fotomontaxe (unha por equipo e cada un a personaliza inserindo o seu nome na zona inferior dereita)
- Collage personalizado -cada un a súa- coas tres imaxes anteriores (a fotomontaxe será máis grande que as outras dúas) e co seguinte texto: nome_1314.
- TEF_07: Fotomontaxe.
Cada alumno realizará unha caricatura do Doctor House partindo da imaxe subministrada.
Garda no teu álbum público de G+ estas 3 imaxes:
- A imaxe orixinal do doctor House.
- A caricatura realizada e que inclua o texto: nome_1314.
- O collage das dúas imaxes.
Aquí podes ver unha das caricaturas do doctor House:

- TEF_08: Caricatura.
Gimp 5
Escolle unha imaxe Creative Commons que permita ser modificada relacionada co tema do teu blog e manipulaa de xeito que conteña 5 diferencias coa orixinal.
Garda no teu álbum público de G+:
- A imaxe orixinal.
- A imaxe retocada (cada alumno fai a súa e rotula o seu nome do seguinte xeito: nome_inforeba1314)
- O collage feito con Picasa que conteña as dúas imaxes.
- A imaxe coas solucións (círculos de cor vermella arredor das diferencias sobre o orixinal ou sobre a imaxe editada).
- TEF_10: As 5 diferencias.

