Thinglink
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1314 |
| Libro: | Thinglink |
| Impreso por: | Invitado |
| Data: | mércores, 26 de novembro de 2025, 12:35 AM |
Descrición
Thinglink
Introdución
ThingLink é unha ferramenta que permite transformar imaxes en gráficos interactivos mediante a inserción dunha serie de puntos que conteñen información multimedia.
É unha aplicación online que permite amosar imaxes, gráficos, ilustracións, esquemas, etc. , e engadirlles información de calquera tipo (enlaces, textos, vídeos…), co fin de enriquecelos, tomalos como eixo vertebrador para abordar un contido ou facilitar a explicación sobre un determinado tema.
Aquí tes un videotitorial:
Dado o parecido con Glogster podes escoller esta ferramenta para realizar o teu proxecto.
Tarefa
Unha vez teñades percorrido todo este libro debedes pensar no voso proxecto de comunicación a partires dunha imaxe (fixa ou en movemento).Pensade nesta imaxe e sustituide os mapas por comidas, recetas de cociña tradicionais, praias, catedrais, futbolistas, etc. Estas informacións poden ser en formato imaxe ou minivídeos.

Proceso
- Escolle o tema a desenvolver.
- Escolle unha imaxe fixa (jpg, png) ou animada (gif) susceptible de emprego en función da súa licencia e gárdaa no teu álbum público de Drive.
- Escolle as informacións que incorporarás no teu Thinglink.
- Edita con Thinglink a imaxe escollida e inclue textos en bocadillos que se abran cando pasa o rato por riba e cando se clique neles deben enlazar con recursos dos seguintes tipos:
- Texto en pdf aloxado no voso Drive e compartido en público.
- Imaxe aloxada no voso album e compartido como público.
- Páxina web externa.
- Vídeo externo (mellor de YouTube).
- Mapa de Google maps.
é obrigatorio que existan todos os tipos de enlace mencionados polo que xa vedes que como mínimo ten que ter cinco enlaces.
- Publica no teu blog a imaxe con información aumentada e fai unha descripción da tarefa e dos pasos seguidos e que incluirá os enlaces necesarios ou aos sitios que ti empregache.
- Envía á tarefa deste AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde publicaras a tarefa.
Recursos
O primeiro que podes facer é botarlle un ollo a este minititorial a modo de revista en ISSUU:Ou curiosear polos Scoops de Angel e Gumer:
Exemplos
Aquí vos deixo algúns enlaces aos Thinglinks realizados polos vosos compañeiros do curso 2012-13:- Atrapasueños de Sandra Barreiro.
- Cámaras fotográficas de Andrea Domínguez.
- Javier Carnota, vocalista de Madeira, por Adrián Iglesias.
Outros exemplos:
A imaxe non ter que ser fixa, pode ser un gif animado coma este:
Eiquí tes outra proposta de traballo con Thinglink.
Avaliación
Os criterios de avaliación da Actividade con Thinglink serán os seguintes:- Imaxe base (fixa ou animada) con licencia de reutilización reflectida na mesma ou na entrada do blog.
- Existencia dos 5 tipos de enlace.
- Relevancia dos enlaces en relación ao tema plantexado.
- Entrada do blog explicativa da tarefa e do proceso seguido.
- Publicación da imaxe no blog coas dimensións axeitadas.
- Enlaces na entrada do blog, especialmente á carpeta pública de Drive.
- Entrega neste AV mediante enlace acortado á entrada do blog onde se publicara a tarefa.
- Puntualidade na entrega.

