SCRATCH

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1314
Libro: SCRATCH
Impreso por: Invitado
Data: martes, 25 de novembro de 2025, 8:30 AM

Descrición

libro s

Introdución

 página oficial de Scratch y la guía de referencia elaborada por Juan Carlos López García, editor de Eduteca.

Tarefa

Nesta ocasión non tedes unha única opción, senón 3, para acadar os obxectivos desta tarefa.

Podedes escoller a que queirades, todas teñen unha puntuación máxima de 100 puntos ainda que a marxe de liberdade, creatividade e complexidade que queirades adicarlle pode ser susceptible de sustituir outras tarefas posteriores asumindo as súas puntuacións (este aspecto deberá tratarse directamente co profesor).

As 3 opcións empregan ferramentas de PROGRAMACIÓN distintas, se cadra a máis sinxela é a Opción 1 de Scratch que será a que máis vaiamos definir:

Scratch ten a vantaxe de poder ver o código de programación doutros proxectos xa creados. Todo é Copyleft ou CC-BY polo que o voso traballo tamén o será e polo tanto non podedes empregar recursos (imaxes, vídeos ou sons) con dereitos de autor.

Antes de poñervos a traballar nesta tarefa tedes que comentala no FORO "Programar é cousa de nenos" e esperar á autorización do profesor.

Ao rematar o voso proxecto deberedes publicalo no voso blog co comentario oportuno e logo enviar a url acortada da entrada á Tarefa "Programar é cousa de nenos" deste AV para a súa corrección.

Proceso

Ainda que esta tarefa permita 3 Opcións aconsellámosvos que fagades a Opción de Scratch seguindo os seguintes pasos:




Ainda que podedes descargar Scratch e traballar en local o aconsellable e única posibilidade no instituto é traballar online unha vez vos teñades rexistrado coa vosa conta gmail.

As vantaxes de traballar online é a facilidade de gardar o voso proxecto, a publicación inmediata unha vez o teñades rematado, a consecución do código para embebelo na entrada do voso blog e, o máis importante, acceder aos códigos doutros Scratch para copiar/aprender. 

Recursos

O mellor xeito de comezar a "CREAR" con Scratch é ver o que fixo Néstor Lomba, un rapaz da vosa idade que tamén publica as súas creacións no seu blog persoal "redcreando", e que explica nos seguintes 5 videotitoriais:



Pero tamén é moi útil poder contar cun titorial completo e que comeza desde cero coma este:

Exemplos

Neste enlace tes 99 recursos en castellano realizados con Scratch ainda que no mesmo sitio podes acceder a centos noutros idiomas. Están clasificados por nivel, por materia ou por tipo de contido.

Como exemplo do que se pode chegar a facer déixovos dous exemplos:

  • Un comecocos ou PacMan (este ten certo nivel, pero non vos vou poñer de exemplo calquera cousa).

Proxecto de talmelamed publicado o 10/07/2013 e modificado o 10/10/2013.

  • Neste caso non se trata dun xogo enteiramente, máis ben é unha historia  (tamén de moito nivel, pero xa sabedes).

creado por Vainilla-Dream e compartido o 10/06/2013

Outros exemplos máis axeitados

Juegos Scratch de San José Jesuitas 3º ESO

  • Clicando na seguinte imaxe accederás ao blog "Aprende Scratch" onde se recollen traballos realizados por alumnos de Uruguay.
Aprende Scratch. Experiencias realizadas en Uruguay

Avaliación

Criterios para a Opción de Scratch:

Dado que o nivel de profundización e adicación á programación con Scratch é moi diverso, valorarase tanto o nivel de inmersión no programa como na calidade da proposta realizada (o 10% quedará reservado para a orixinalidade dun proxecto que se saia do amosado tanto na sesión presencial como neste libro).

E seguindo na liña das derradeiras tarefas, é moi importante a composición da entrada do blog onde embebades o recurso realizado. O 20% da nota tamén será exclusivo do texto explicativo do traballo realizado, lembrámosvos a conveniencia de incluir citas a outros recursos convenientemente enlazado.

Resumindo:

Programa: 70 puntos.
Orixinalidade: 10 puntos.
Entrada do blog: 20 puntos

Blockly

https://blockly-demo.appspot.com/static/apps/maze/index.html

https://blockly-demo.appspot.com/static/apps/code/index.html?lang=es

http://creaconlaura.blogspot.com.es/2014/04/google-blockly-un-editor-de.html?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter

http://scratch.mit.edu/projects/18973296/