Edición fotográfica: Fondo transparente
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
| Libro: | Edición fotográfica: Fondo transparente |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | jueves, 20 de noviembre de 2025, 10:05 |
Descripción
Edición fotográfica con Background Burner ou similar para recortar o que nos interesa e deixar o fondo transparente. Formato de imaxe en .png
Introdución
Xa viches que a aplicación duns filtros é por unha parte moi sinxelo e por outra dache unhas posibilidades creativas que che poden vir ben cando teñas que facer un traballo especial con algunha das túas fotografías máis especiais.
As posibilidades da Edición Fotográfica amplíanse moito se podes mezclar varias fotos o, para ser máis exactos, partes dunha foto que encaixas noutra. Quen di unha pode dicir varias, o que é un Collage como o de embaixo.
Para poder facelo o primeiro é poder recortar aquela parte dunha imaxe que nos interesa descartando o fondo pero ó mesmo tempo que a imaxe seleccionada non se garde cun fondo branco senón transparente.
E neste punto xa nos atopamos coa primeira novidade:
as imaxes jpg non admiten transparencias, teremos que traballar con imaxes png.
Tarefa
Recorta unha imaxe CC relacionada co tema do voso blog.
Todos sabedes que sacar unha foto co móbil e aplicarlle un filtro así como que engadirlle un texto pode ser moi sinxelo se tedes a aplicación axeitada instalada.
Non se trata deso, tedes que comprender o que significan os "Dereitos de Autor" e as licencias "Creative Commons" así como acompañar os obxectos realizados -neste caso unha imaxe- cunha breve exposición dos motivos, do proceso seguido, das fontes empregadas e, tamén, da vosa impresión ou opinión. Por eso é importante o que fagas antes e despois do emprego dunha ferramenta: os materiais que empregas deben referenciarse e estar libres de dereitos de autor e, cando publiques-expoñas-compartas terás que falar-escribir-defender o traballo feito.
Antes de continuar convén que leas esta infografía:

COPYLEFT, unha C invertida, símbolo sen recoñecemento legal é o máis común como contrapartida do símbolo COPYRIGHT. E entre os dous o símbolo de Dominio Público ou CC-0.
![]() | ![]() |
Proceso
1. Localiza unha imaxe Creative Commons (sen copyright).2. Descargaa e anota a URL da imaxe para indicar posteriormente a orixe. Cada un a súa.
É importante que a URL indicada inclúa tanto a imaxe como a licencia.
3. Aloxaa na túa carpeta pública de Drive.
Na anterior tarefa creaches unha carpeta (fotoseba1415, por exemplo) para gardar todas as fotos/imaxes que empreguemos durante o curso.Esta carpeta estará compartida en modo público (só esta carpeta).
4. Emprega Background Burner, PIXLR EDITOR (
), SNAGIT (extensión para Chrome) ou o que ti coñezas para recortar a parte da imaxe que sexa do teu interese.
5. Garda a imaxe creada na mesma carpeta onde está a orixinal.
Os nomes das imaxes poden ser algo así:
recorte_orixinal_nomeapelido
recorte_modificado_nomeapelido
6. Publica as dúas imaxes (separadas ou formando un collage) no teu blog xunto cun texto explicativo do traballo realizado e que debe incluir, como mínimo, un enlace á fonte da imaxe orixinal (incluirá a licencia da mesma) e outro á carpeta pública onde estexan gardadas.
7. Envía ó Aula Virtual o enlace acortado á entrada do blog onde pubicaras esta tarefa (ver último capítulo deste Libro).
A imaxe ten que ter relación co tema do voso blog e tede coidado co tamaño da imaxe elexida (640 x 480 pode servir de referencia).
Recursos
RESPECTO DA IMAXE
Cada día é máis frecuente que os internautas compartan os seus recursos, tamén as imaxes, o que ocorre é que por defecto se alguén non indica nada nunha imaxe aloxada na nube debe entenderse que conserva dereitos de autor. Só as imaxes que indican explícitamente que ten licencia CC podes ser susceptibles de emprego sen ter que pedir permiso ó autor.
Neste enlace tes 10 sitios para buscar imaxes CC e tamén podes explorar:
flikrCC. Flikr é o buscador de imáxes máis sinxelo para buscar imaxes CC, na xanela que se abre ao clicar no enlace só tes que escribir o tema (en inglés) e darache as imaxes asociadas ou etiquetadas coa palabra que escribiche.
1.000.000 de imaxes CC na Biblioteca Británica. Vía Flickr.
+ 100.000 imaxes da Welcome Library de Londres. Vía wwwhatsnew.com
En Pixabay podes atopar e compartir imaxes libres de dereitos de autor. Todas as imaxes están publicadas baixo Creative Commons dominio público CCO.
Getty Images ofrece 35 millóns de fotografías en acceso libre non comercial.
E se precisas REDIMENSIONAR ou RECORTAR unha imaxe a opción máis sinxela se tes acceso a internet é esta opción online: Resize your image, aínda que pode ser que a ferramenta de edición que empregache na anterior tarefa tamén che permita redimensionar.
RESPECTO DA FERRAMENTA
Eiquí tes breves artigos que presentan alguna das ferramentas suxeridas:
- Background Burner, web para quitar el fondo a las imágenes. Vía "Maestro de la computación".
- "Enseña a tus alumnos a emplear correctamente las imágenes". Pixlr Editor e Snagit ao remate do artigo. Vía "Princippia"
Avaliación
Para a avaliación desta tarefa teranse en conta os seguintes aspectos:- Imaxe orixinal CC e Imaxe recortada con Background Burner ou similar.
- Entrada do blog explicativa do traballo e do proceso que tamén incluirá:
- Enlace á fonte da imaxe orixinal (onde estará presente a licencia).
- Enlace á carpeta pública de Drive onde estean aloxadas as dúas imaxes presentadas na entrada.
- Aplicación empregada se non se usa a proposta.
- Corrección ortográfica e de expresión.
- Enlace acortado e hiperenlazado da entrada do blog onde se publique a tarefa enviado ó AV.
- Puntualidade (criterio xeral do curso para os retrasos).
Envío da Tarefa ó AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa tarefa con Background Burner ou similar.Lembra que tes que:
- Enviar ó AV o enlace acortado e hiperenlazado á entrada do teu blog onde teñas publicadas as imaxes (orixinal e modificada) xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre a ferramenta,...). Valorarase positivamente que haxa enlaces.



