Cóntame un conto ou leme unha poesía
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
| Libro: | Cóntame un conto ou leme unha poesía |
| Imprimido por: | Usuario convidado |
| Día: | jueves, 20 de noviembre de 2025, 22:50 |
Descripción
Tarefa de realización dunha presentación con banda sonora.
Introdución
Edición Audiovisual
Os contidos audiovisuais están abarcando cada día que pasa máis campos, entre eles os educativos. Por outra banda a evolución de internet e da web 2.0 mudou o noso comportamento como meros consumidores pasando a facilitarnos a creación de contidos.
Estas dúas circunstancias xustifican a tarefa que vos propoñemos: crear outro xeito de disfrutar dun conto ou dunha poesía incorporando imaxes e sons ao máis tradicional medio escrito de transmisión destes contidos.
Os contidos audiovisuais están abarcando cada día que pasa máis campos, entre eles os educativos. Por outra banda a evolución de internet e da web 2.0 mudou o noso comportamento como meros consumidores pasando a facilitarnos a creación de contidos.
Estas dúas circunstancias xustifican a tarefa que vos propoñemos: crear outro xeito de disfrutar dun conto ou dunha poesía incorporando imaxes e sons ao máis tradicional medio escrito de transmisión destes contidos.
O vídeo que vos poño agora non é un exemplo para o traballo desta tarefa (salvo o xeito de presentar os créditos do que xa falaremos) senon para motivarvos a ser creativos e experimentar audiovisualmente.
Tarefa
"Cóntame un conto ou leme unha poesía"
é unha tarefa de edición audiovisual na que tedes que realizar
un videoconto ou unha videopoesía
a partir de imaxes fixas que ilustren o conto/poesía breve que teredes que escoller.
Este vídeo terá una banda sonora realizada con Audacity
e na que incluiredes tanto unha música instrumental de fondo como a vosa dramatización do mesmo.
Por certo, a banda sonora deberá incluir tamén algúns efectos acordes co desenvolvemento do conto
(se cadra a poesía é menos susceptibe de incorporar efectos, dependerá dela mesma).
Proceso
- Eleción do conto ou poesía.
- Eleción do fondo musical en Jamendo ou similar (o tema escollido será CC).
- Eleción dos efectos.
- Eleción das imaxes.
- Preparar un guión, básicamente consistirá en decidir qué párrafos se lerán mentres estea visible cada unha das imaxes.
- Grabación da banda sonora con Audacity.
- Montaxe do arquivo de son sobre as imaxes (presentación ou vídeo). O resultado final será obrigatoriamente un vídeo.
- Aloxamento do vídeo na nube (YouTube, Vimeo, etc.)
- Creación dunha entrada no blog onde se presente e inclúa (embebido) o videoconto/videopoesía realizado.
- Enviar ó AV o enlace á entrada do voso blog.
Recursos
"Tutorial para hacer un videopoema", guía paso a paso que inclúe indicacións para Audacity e MovieMaker así como se queres usar PhotoPeach para a montaxe final.
Exemplo de boa edición dunha entrada que inclúe un podcast: "Ler e facer, ... a propósito de Fantasmas de Luz" por Hora de Ler.
Titorial sobre YouTube: "10 trucos escondidos para aprovechar YouTube en el aula" por TotemGuard.
Avaliación
Aspectos a ter en conta para a avaliación da tarefa:- Edición da entrada do blog: título, composición, texto explicativo, enlaces, etiquetas, etc.
- Videoconto-guión: axuste das imaxes ao contido do conto.
- Videoconto-son: axuste da banda sonora ás imaxes, adecuación do fondo musical e dos efectos incorporados.
- Videoconto-edición: portada (título, autores), contido, contraportada (autores, recursos empregados, agradecementos)
- Banda sonora: calidade da dramatización e que sexa perfectamente audible sobre o fondo musical.
Exemplos
Exemplo de vídeo realizado a partir de imaxes: O noso instituto.
No curso 2009-10, Gianfranco e Adrián realizaron este impresionante vídeo promocional do no noso instituto, os demáis equipos fixeron o mesmo traballo co mesmo material pero había que destacar un.Exemplos de videopoemas realizados a partir de imaxes fixas:
No curso 2011-12 colaboramos co departemento de Lingua Española experimentando coa dramatización de poemas en formato vídeo."A mi buitre" de Noelia Bello:
Videopoemas exhibidos no concerto de música de Fin de Curso na biblioEBA, xuño de 2012.
No curso 2012-13 continuamos coa mesma proposta audiovisual.
"Poema XX" de Pablo Neruda por Alejandro Iregui:
"La primavera besaba" de Antonio Machado por Sandra Barreiro:
Videopoemas exhibidos no concerto de música de Fin de Curso na biblioEBA, xuño de 2013.
E aínda que non se exhibiu no citado concerto tamén queremos destacar un dos varios videocontos elaborados, neste caso o conto é "Los 3 cerditos" realizado por Alejandro López:
Con motivo do Concurso de Videopoesía organizado pola Diputación da Coruña para escolares da provincia podedes escoitar os "
" lidos por Pedro Ramos, narrador e profesor de escritura creativa así como o director de Polisemias -espacio adicado en exclusiva a impartir talleres de escritura creativa-.