Edición fotográfica con Clipping Magic

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1314
Libro: Edición fotográfica con Clipping Magic
Impreso por: Invitado
Data: mércores, 19 de novembro de 2025, 2:11 PM

Descrición

Edición fotográfica con Clipping Magic para recortar o que nos interesa e deixar o fondo transparente. Formato de imaxe en .png

Introdución

Xa viches que a aplicación duns filtros é por unha parte moi sinxelo e por outra dache unhas posibilidades creativas que che poden vir ben cando teñas que facer un traballo especial con algunha das túas fotografías máis especiais.

As posibilidades da Edición Fotográfica amplíanse moito se podes mezclar varias fotos o, para ser máis exactos, partes dunha foto que encaixas noutra. Quen di unha pode dicir varias, o que é un Collage como o de embaixo.


Para poder facelo o primeiro é poder recortar aquela parte dunha imaxe que nos interesa descartando o fondo pero ó mesmo tempo que a imaxe seleccionada non se garde cun fondo branco senón transparente. 

E neste punto xa nos atopamos coa primeira novidade: 
as imaxes jpg non admiten transparencias, teremos que traballar con imaxes png.

Tarefa

Recorta unha imaxe CC relacionada co tema do voso blog empregando o Clipping Magic


Neste primeiro contacto coa edición fotográfica é tanto ou máis importante o que rodea ó proceso de manipulación como o resultado final.

Todos sabedes que sacar unha foto co móbil e aplicarlle un filtro así como que engadirlle un texto pode ser moi sinxelo se tedes a aplicación axeitada instalada.

Non se trata deso, tedes que comprender o que significan os "Dereitos de Autor" e as licencias "Creative Commons" así como acompañar os obxectos realizados -neste caso unha imaxe- cunha breve exposición dos motivos, do proceso seguido, das fontes empregadas e, tamén, da vosa impresión ou opinión. Por eso é importante o que fagas antes e despois do emprego dunha ferramenta: os materiais que empregas deben referenciarse e estar libres de dereitos de autor e, cando publiques-expoñas-compartas terás que falar-escribir-defender o traballo feito.

Antes de continuar convén que leas esta infografía ou este artigo:

Infografía Creative Commons

COPYLEFT, unha C invertida, símbolo sen recoñecemento legal é o máis común como contrapartida do símbolo COPYRIGHT. E entre os dous o símbolo de Dominio Público o CC-O.

copyleft
Dominio Público

copyright


Proceso

1. Localiza unha imaxe Creative Commons (sen copyright).

2. Descargaa e anota a URL da imaxe para indicar posteriormente a orixe. Cada un a súa.
Se a imaxe é túa (cámara, móbil) debes indicar na parte inferior dereita da imaxe CC-BY-NC-SA 4.0_nomeapelido. (Esta expresión indica Creative Commons, Recoñecemento, Non Comercial e Compartir Igual, é dicir, que calquera é libre de utilizala sempre e cando cite ao autor, non a empregue con fins comerciais e a comparta do mesmo xeito).

3. Aloxaa na túa carpeta pública de Drive.
Na anterior tarefa creaches unha carpeta (fotoseba1314, por exemplo) para gardar todas as fotos/imaxes que empreguemos durante o curso.
Esta carpeta estará compartida en modo público (só este carpeta).

4. Emprega Clipping Magic para recortar a parte da imaxe que sexa do teu interese.

5. Garda a imaxe creada na mesma carpeta onde está a orixinal.
Os nomes das imaxes poden ser algo así:
cm_orixinal_nomeapelido
cm_modificado_nomeapelido

6. Publica as dúas imaxes (separadas ou formando un collage) no teu blog xunto cun texto explicativo do traballo realizado e que debe incluir, como mínimo, un enlace á fonte da imaxe orixinal e outro á carpeta pública onde están gardadas.

7. Envía ó Aula Virtual o enlace acortado á entrada do blog onde pubicaras esta tarefa (ver último capítulo deste Libro).

A imaxe ten que ter relación co tema do voso blog e tede coidado co tamaño da imaxe elexida (640 x 480 pode servir de referencia).

Recursos

RESPECTO DA IMAXE


Cada día é máis frecuente que os internautas compartan os seus recursos, tamén as imaxes, o que ocorre é que por defecto se alguén non indica nada nunha imaxe aloxada na nube debe entenderse que conserva dereitos de autor. Só as imaxes que indican explícitamente que ten licencia CC podes ser susceptibles de emprego sen ter que pedir permiso ó autor.

Neste enlace tes 10 sitios para buscar imaxes CC e tamén podes explorar:

flikrCC. Flikr é o buscador de imáxes máis sinxelo para buscar imaxes CC, na xanela que se abre ao clicar no enlace só tes que escribir o tema (en inglés) e darache as imaxes asociadas ou etiquetadas coa palabra que escribiche.


+ 100.000 imaxes da Welcome Library de Londres. Vía wwwhatsnew.com


En Pixabay podes atopar e compartir imaxes libres de dereitos de autor. Todas as imaxes están publicadas baixo Creative Commons dominio público CCO.


35 millones de fotografías libres en Getty Images


RESPECTO DA FERRAMENTA


Eiquí tes dous breves artigos que a presentan:


Outra FERRAMENTA: PIXLR



tes todo o proceso de transparentar o fondo dunha imaxe jpg empregando o software online PIXLR. Tamén podes ler o artigo onde atopei o videotitorial.

Avaliación

Para a avaliación desta tarefa teranse en conta os seguintes aspectos:
  • Imaxe orixinal CC ou propia e Imaxe recortada con Clipping Magic ou similar.
  • Entrada do blog explicativa do traballo e do proceso que tamén incluirá:
    • Enlace á fonte da imaxe orixinal.
    • Enlace á carpeta pública de Drive onde estean aloxadas as dúas imaxes presentadas na entrada.
    • Aplicación empregada se non se usa a proposta.
    • Corrección ortográfica e de expresión.
  • Enlace acortado da entrada do blog onde se publique a tarefa enviado ó AV.
  • Puntualidade (criterio xeral do curso para os retrasos).

Exemplos

Se na anterior tarefa editei as Calas con Google + e obtiven este resultado:

Tamaño da imaxe 4720 x 3300 píxeles

Agora con Clipping Magic e partindo da imaxe descargada da comunidade, é decir, cunha resolución 506 x 354 píxeles, obtiven este:

Recortada con Clipping Magic

Envío da Tarefa ó AV do curso

Envío da TarefaClica na imaxe para enviar a túa tarefa con Clipping Magic.

Lembra que tes que:
  • Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicadas as imaxes (orixinal e modificada) xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre a ferramenta,...). Valorarase positivamente que haxa enlaces.