Edición de Vídeo

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1213
Libro: Edición de Vídeo
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 21 de novembro de 2025, 9:32 AM

Descrición

Edición de Vídeo con YouTube e Vibop.

1. Introdución

Como remate deste tema de Edición Audiovisual imos traballar cos editores de vídeo de YouTube e Vibop para obter unha película a partir de varios vídeos mudos que deberán ter relación co tema do teu blog.

Unha posible estrutura lóxica de desenvolvemento da tarefa podería ser esta:
  1. Ter claro o tema do blog propio e definir a idea do proxecto.
  2. Selecionar os vídeos (mínimo tres) e a banda sonora, todos eles CC -sería recomendable que fosen vídeos realizados cos vosos móbiles ou cámaras-.
  3. Seguir as indicacións das tres fases indicadas neste libro.
  4. Non esquecer os créditos e o texto "inforeba 1213"
  5. A duración total da película final "Edición de vídeo 03" estará comprendida entre 1:30 e 2:00 minutos.

2. Editor de YouTube

Continuamos as clases de edición de vídeo cun imprescindible: YouTube

  1. Crea a túa conta
  2. Emprega o editor para unir dous vídeos CC sen son.
  3. Fai unha transición entre ambos
  4. Escribe un texto final
  5. Mete un clip de audio
  6. Incrusta o vídeo no teu blog co título Edición de vídeo 01
  7. OLLO: o conxunto non pode superar os 40 s


Actividade creada por Teresa Mancebo para Informática 4ºESO e publicada en Ciencia + Tecnoloxía con licencia CC-BY-NC-SA

3. Edición con Vibop

Moitas das ferramentas de autor que eran compatibles con YouTube seguen funcionando e seguen sendo compatibles pero YouTube eliminou a pasarela que permitía a comunicación con elas dende o propio xestor de vídeos, polo que terás que entrar dende a páxina propia de cada ferramenta. Antes diso, instala en Mozilla o complemento Flash and Video Download que che permitirá descargar calquera vídeo de YouTube e calquera elemento flash da páxina na que te atopes.

  1. Descarga o vídeo do exercicio anterior no teu ordenador
  2. Entra en Vibop
  3. Sube o vídeo ao editor
  4. Engade unha introdución
  5. Engade un efecto
  6. Publica na túa conta de YouTube o resultado
  7. Incrusta o vídeo no teu blog co título Edición de vídeo 02



Actividade creada por Teresa Mancebo para Informática 4ºESO e publicada en Ciencia + Tecnoloxía con licencia CC-BY-NC-SA

4. Melloras e Anotacións

Continuamos co editor de vídeo de YouTube.

  1. Fai clic no xestor de vídeos e abre o despregable que aparece xunto do vídeo Edición de vídeo 02 (Edición de vídeo 01 + as modificacións feitas con Vibop)
  2. Escolle a opción Melloras
  3. Selecciona unha das posibles opcións e no botón Gardar, fai clic en Gardar como (para non perder o vídeo orixinal) Edición de vídeo 03
  4. De novo no despregable, escolle a opción Anotacións e fai clic en Engadir anotación-Título
  5. Escribe un título para o teu vídeo e usa a liña temporal para situalo onde desexes e controlar a súa duración
  6. Fai clic en Publicar e incrusta o vídeo no teu blog co título Edición de vídeo 03



Actividade creada por Teresa Mancebo para Informática 4ºESO e publicada en Ciencia + Tecnoloxía con licencia CC-BY-NC-SA