Videotitoriais SCRATCH.

Sitio: Aula virtual
Curso: Tecnoloxía e Dixitalización 1_22/23
Libro: Videotitoriais SCRATCH.
Impreso por: Invitado
Data: mércores, 14 de xaneiro de 2026, 1:20 PM

1. Curso Scratch desde cero en español.

Este "Curso Scratch desde cero en español" é unha produción de Curso Tutorial e ten os seguintes títulos:

  1. Introdución.
  2. Interface de usuario.
  3. Engadir personaxes en Scratch.
  4. Eventos e Programación en Scratch.
  5. Movementos en Scratch. Mover, xirar, desprazar e trasladar obxectos en Scratch.
  6. Debuxar en Scratch. Debuxa e crea formas e obxectos co lápiz de Scratch.
  7. Poñer sons en Scrach. Insertar música e sons en Scratch.
  8. Simulación dun parquímetro.

2. Código 21. Web de autoaprendizaxe. SCRATCH.

Nesta lista de reprodución da canle do PNTE do Goberno de Navarra temos un desenvolvemento paso a paso para dominar Scratch:

4. MOOC SCRATCH por Xnergic TCM

Os MOOC son Cursos Masivos Abertos (Open) e Online de recente aparición e que están a ser empregados por moitas entidades educativas, incluidas as Universidades, e que son un exemplo da formación contínua ao longo da vida ou formación permanente. Un deses MOOC que realicei e que, como vedes, está en aberto, é este:

Este foi o primeiro Módulo, os seguintes tédelos a continuación como subcapítulos.

4.1. Módulo 2.

4.2. Módulo 3.

4.3. Módulo 4.

Neste módulo xa nos saímos da programación deste curso e adentrámonos más nos contidos propios de Tecnoloxía.

4.4. Módulo 5

5. Videotitoriais de Sergio Palay

Sergio Palay ten moitos videotitoriais que podes ollar na súa canle, aquí recollo os realizados con Scratch 2.0. Os realizados con Scratch Jr. non os recopilei pero podedes consultalos se tedes curiosidade.

<p>

6. Programación con Scratch do videoxogo do LABERINTO

Esta lísta Programo Ergo Sum xa se centra nun proxecto concreto: construir laberintos, e aquí tedes como o explica en 6 vídeos:

6.1. Laberintos según Programamos.

Dentro do capítulo de Laberintos agora chégalle o turno aos videotitoriais que Programamos nos propón sobre o tema:

7. Programación con Scratch do videoxogo do PONG

Esta lísta Programo Ergo Sum céntrase nun proxecto concreto: construir un xogo de Pong para dous xogadores, e aquí tedes como o explica en 5 vídeos:

8. Videoxogos con Scratch. Programamos.

Nesta lista de reprodución de Programamos podemos aprender a crear "Videojuegos con Scratch". Atoparás instrucións para crear xogos como:

  • Pong
  • Flappy Bird
  • Space Game
  • Laberintos
  • Guías turísticas

Nesta outra lista de reprodución de Programamos atoparás estes e outros videotitoriais como un Pasapalabra, tocar música cun piano, etc.

Outra lista de Programamos é a que chaman "Proyectos artísticos con Scratch" máis centrada no debuxo e na creación de personaxes.