Audacity
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1213 |
| Libro: | Audacity |
| Impreso por: | Invitado |
| Data: | martes, 25 de novembro de 2025, 8:30 AM |
Descrición
Nesta tarefa imos traballar a edición de son co programa gratuíto Audacity.
O obxectivo é crear un arquivo de son en formato mp3 para poder inserilo xunto cun reproductor no voso blog.
Nesta ocasión imos traballar cun "Editor de son" para grabarnos a nós mesmos e para incorporar efectos de fondo á conversa. Para poder incorporalo no blog tedes que aloxalo previamente nunha plataforma online que vos permita telo almacenado e vos facilite un código que inclua un reproductor.
A tarefa consiste na edición sonora dunha conversa mantida entre un capitán de navío e un fareiro. Circunstancia realmente certa e que tivo lugar en 1997.
A conversa é por radio co que deberedes inserir os efectos oportunos para simular ó máximo a situación.
Unha vez obtido o arquivo de son en formato .ogg mediante o software libre Audacity tedes que pasalo a formato .mp3
Para publicar o podcast no voso blog debedes aloxalo na nube en SoundCloud, Ivoox ou similar de xeito que o programa vos facilite o código "embed" para poder inserilo, xunto cun reproductor, no blog.
Aquí tedes un videotitorial sobre cómo aloxar un Podcast en Ivoox:
Como sempre, enviaredes ó AV, na tarefa correspondente, o enlace á entrada do voso blog no que publicastes o podcast.
A duración da conversa será de 120 segundos. (axustaredes o son de fondo e os diálogos a esta duración).
Traballaredes con varias pistas, cada unha cun fondo, conversación, etc. e logo, ó final, gárdase como arquivo único en .ogg.
Debedes empregar a seguinte estrutura para nomear os ficheiros:
finisterre_1213_0X_XX.ogg
posteriormente pasará a chamarse:
- Comprobar que contamos co software Audacity instalado no ordenador.
- Visionar algún titorial de Audacity (presentación ou vídeo)
- Leer a conversa e planificar que fai de cada quen e que sons se poderían incorporar.
- Localizar nos distintos "Bancos de sons" os efectos a incorporar.
- Grabar as distintas "pistas" de audio.
- Mezclar e axustar ós 120 segundos de duración máxima da grabación.
- Gardar (Exportar se é o caso) en formato .ogg
- Transformar o arquivo .ogg en mp3. (Format Factory é unha opción, instalable ou portable).
- Aloxar en SoudCloud, Ivoox ou similar a grabación (pode ser necesario rexistrarse).
- Copiar o código "embed" e inserilo nunha entrada do voso blog (Edición HTML).
- Enviar ó AV o enlace á entrada na que se publicou o podcast.
Cada grupo elaborará un único podcast aínda que deberá ser aloxado na nube individualmente e publicado no seu respectivo blog.
Texto da conversa:
Galegos versus Americanos (aloxado en Dropbox público)
Galegos versus Americanos (aloxado en Drive -pode non funcionar en Firefox-)
Introdución ós formatos de audio:
http://www.taringa.net/posts/info/6880016/Formatos-de-Audio-wav-midi-aac-wma-ogg-mp3.html
Manual de Audacity en español:
http://www.slideshare.net/ramonovelar/tutorialaudacity
Búsqueda de sons:
- (20) Publicación da entrada co Podcast.
- (30) Edición da entrada no blog: título, texto introductorio, enlaces ós recursos empregados, opinións, etiquetado da entrada, etc.
- (20) Entonación americana e galega da conversa.
- (30) Presencia de efectos de fondo: vento, tronos, radio, etc.
Da distribución anterior dedúcese que o envío ó AV do arquivo en formato mp3 en lugar de publicado no blog tería unha calificación máxima de 50 puntos para o grupo.
IMPORTANTE: Nun determinado momento o fareiro di o seu nome, Juan Manuel Salas Alcántara, debedes facer unha modificación no texto de xeito que digades os vosos nomes (sen apelidos), deste xeito evitaremos a "copia" dos traballos.
Os reproductores poden ter outros usos, déixovos o enlace a un dos blogs de Angel no que emprega SounCloud como música ambiente mentres se lee o blog, neste caso soe colocarse o reproductor no bloque lateral de xeito que esté accesible dende calquera parte do sitio.