Edición de imaxes con GIMP
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1213 |
| Libro: | Edición de imaxes con GIMP |
| Impreso por: | Invitado |
| Data: | martes, 25 de novembro de 2025, 5:09 AM |
Descrición
Prácticas de edición de imaxe vectorial con GIMP.
Gimp 1
Coa fotografía "rostro 1.jpg" realiza un cambio de cor de ollos, eliminado de arrugas e branqueado de dentes tal e como se describe no pdf de axuda "mejora fotográfica del rostro.pdf".
Garda no teu album de G+:
- A imaxe orixinal.
- A imaxe retocada (cada equipo fai unha e cada membro a personaliza engadíndolle o seu nome do seguinte xeito: nome_inforeba1213)
- O collage (podédelo facer con Picasa, PicMonkey ou calquera outra aplicación) que conteña as dúas imaxes.
Ao final do tema 6 de Edición Fotográfica tedes un enlace a unha entrada de blog sobre Editores de fotos con moitas posibilidades de filtros e de implementación nas redes sociais. Tamén podedes acceder desde AQUÍ.
Gimp 2
Realizaredes unha fotomontaxe coas imaxes "cabritas.jpg" e "paisaje.jpg" coa axuda do pdf "instrucciones fotomontaje GIMP". Trátase de insertar o mozo coas dúas cabritillas na escea da paisaxe.
Garda no teu album de G+:
- A imaxe das cabritillas.
- A imaxe da paisaxe.
- A imaxe da fotomontaxe (unha por equipo)
- Collage personalizado coas tres imaxes anteriores (a fotomontaxe será máis grande que as outras dúas) e co seguinte texto: nome_inforeba1213.
Cada alumno realizará unha caricatura do Doctor House partindo da imaxe subministrada.
Garda no teu album de G+:
- A imaxe orixinal do doctor House.
- A caricatura realizada e que inclua o texto: nome_inforeba1213.
- O collage das dúas imaxes.
Aquí podes ver unha das caricaturas do doctor House:

Cada alumno realizará unha animación (gif animado) coa caricatura feita na tarefa anterior.
Garda no teu album de G+:
- O gif animado.
Aquí tedes un gif do curso pasado:

Gimp 5
Escolle unha imaxe Creative Commons relacionada co tema do teu blog e manipulaa de xeito que conteña 5 diferencias coa orixinal.
Garda no teu album de G+:
- A imaxe orixinal.
- A imaxe retocada (cada alumno fai a súa e rotula o seu nome do seguinte xeito: nome_inforeba1213)
- O collage feito con Picasa que conteña as dúas imaxes.
Nun album público:
- A imaxe coas solucións (círculos de cor vermella arredor das diferencias sobre o orixinal ou sobre a imaxe editada).