Traballo de investigación. Documento. 200-800 ptos. Individual.
| Sitio: | Aula virtual |
| Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1516 |
| Libro: | Traballo de investigación. Documento. 200-800 ptos. Individual. |
| Imprimido por: | Invitado |
| Día: | miércoles, 26 de noviembre de 2025, 16:15 |
Descripción
Traballo de investigación. Procesador de textos.
Ideas para a preparación da tarefa.
Nalgún momento da vosa actividade académica acabaredes realizando un proxecto ou traballo escrito que debe seguir unha serie de pautas, nesta tarefa pretendemos achegarnos a esa realidade.Eiquí tedes dous traballos de investigación que vos servirán de guía e inspiración, non tanto pola temática, senon pola formalización das mesmas, son dous traballos de alumnos do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa que participaron no concurso de redacción científica e tecnolóxica "Premio IES Carlos Casares - Fundación ENDESA".
Internet de las cosas, hogar inteligente y ahorro. Alberto Estévez Caldas.
Trabajo de investigación sobre la tecnología LED. Moisés Carral Ortíz. (Gañador da edición 2014)
Así por riba destacaría:
- Traballo co procesador de textos.
- Índice enlazado.
- Bibliografía segundo normas APA.
- Inserido e referenciado de imaxes.
- Respecto de licencias e normas de citado.
Segundo o tema a tratar e a extensión pode chegar, previo acordo e seguemento do profesor, hasta os 800 puntos.
O traballo publicarase en internet nunha plataforma por concretar con licencia CC-BY.
Referenciado de fontes segundo Normas APA
O estilo APA (Asociación Estadounidense de Psicoloxía) establece os estándares en canto á comunicación escrita para:
- a organización do contido;
- o estilo de escritura;
- citas de referencias;
- e como preparar un documento para ser publicado en certas disciplinas.
Na web formatoapa.com atoparás toda a información actualizada sobre este xeito de formatear e referenciar os nosos textos ou traballos de investigación.
Se o teu traballo váise fundamentar basicamente en referencias procedentes de internet podes ir directamente "Cómo citar páginas de Internet" (atopa o teu caso, páxina web, blog, podcast, vídeo, etc).
Un artigo moi completo e cómodo de ler é o titulado "Normas APA para Trabajos escritos y Documentos".