Presentación
Vaimos concretando:
- Pasamos lista e ímonos coñecendo.
- Vexamos agora como está disposta a Aula-Taller e falemos da distribución por parellas e por equipos para os traballos colaborativos.
- No mesado de ferramentas traballarase de pe, ver artigo sobre "Los beneficios de los escritorios elevados" e pensade que o habitual será que traballedes simultáneamente nas mesas, no mesado de ferramentas e cos ordenadores, cada un terá unha tarefa.
- Cada membro do equipo terá un rol ou cargo, ide pensando a distribución para esta primeira avaliación:
1 MODERADOR: controla a actividade e obriga a respectar as quendas de palabra, controla o ton de voz, evita a dispersión e procura a participación activa de todos os compoñentes do equipo. Será o mediador en caso de conflictos internos.2 SECRETARIO: recolle por escrito as decisións e acordos e mantén actualizado o caderno de equipo.3 PORTAVOZ: comunícase co profesor/a ou co resto da clase.4 COORDINADOR: controla o tempo, os prazos de entrega de traballos, anima aos seus compañeiros/as, aclara o que hai que facer.5 RESPONSABLE DO MATERIAL: recolle e garda o material común, encárgase de pechar a aula común cando o grupo se despraza ao aula-taller ou a aula de informática comprobando o apagado das luces e a orde da aula incluídas as cadeiras sobre as mesas nas derradeiras sesións do día.6 XEFE DE PRENSA: ten acceso ao blogue de aula e encargarase de publicar os traballos realizados polo equipo. Nos equipos de cinco membros este rol será asumido polo portavoz.
- Comentar que para a vindeira sesión formaremos os equipos e que son inamovibles ata fin de curso aínda que podedes redistribuilos cada trimestre logo dunha autoavaliación. Respecto da formación dos equipos non tedes toda a liberdade de formación senón que partiredes dalgunha instrución que vos comentarei na clase.
- Por último recordarvos que deberedes sentarvos sempre no mesmo sitio e non pode haber mochilas no aula-taller (o material de man pousarase na bandexa debaixo da mesa e as mochilas no espacio habilitado na entrada) xa que disporedes de todo o necesario.
- Os equipos serán estables ou fixos durante todo o curso pero na maioría das tarefas traballaredes por parexas que sí serán rotatorias modificando a súa composición dunha para outra.
- Condicionantes para a formación de equipos:
- Teñen que ser mixtos.
- En cada equipo debe haber alguén que traia móbil normalmente.
- Deberíades contar co maior número de "intelixencias múltiples". Realiza este test para coñecer a túa.
NOTA ACLARATORIA: Aínda que existen diferencias entre traballo colaborativo e traballo cooperativo a pretensión deste curso non é fiar tan fino e posiblemente mestúrense ambos conceptos, o que debe quedar claro é que o obxectivo é o que no artigo define como grupos heteroxéneos de alumnos e alumnas que traballan xuntos para lograr a súa propia aprendizaxe e o éxito do grupo prodúcese cando todos aprenden.
Listo, xa podemos falar do PROXECTO FINAL.