OBXECTIVOS

adolescente feliz con ordenador portátilSe ben xa estamos cansos de oir a expresión "nativo dixital" e de ver ós mozos (cada vez máis novos) empregando aparellos tecnolóxicos cada vez máis sofisticados e con posibilidades de relación social virtual máis amplia e inmediata, o sistema educativo non articula ata este momento, cando os mozos teñen 15-16 anos, unha intervención académica nesta actividade eminentemente social e de formación da persóa.

Nesta introdución do curso queremos transmitirvos que o noso obxectivo será orientarvos nunha madurez persoal acorde cos tempos nos que nos tocou vivir e que de certo sufrirán transformacións futuras aínda máis relevantes cas que coñecemos. A velocidade de transformación aumenta a cada momento e non ten sentido prepar a ninguén para o presente senón actuar sobre o individuo para que sexa capaz de adaptarse ó futuro. Esta filosofía faravos protagonistas e non receptores de información, a información está en internet, nós imos axudarvos a sacarlle o máximo partido que cada un necesite segundo as súas necesidades.

Todos sodes conscientes de que a privacidade e as normas de cortesía foron variando co tempo, todos oíchedes falar da relación dos vosos pais cos vosos avós, non é a mesma relación que a que tedes vos, nin mellor nin peor, distinta e en consoancia cos tempos. Aínda que esteades na etapa adolescente, transgresora e revolucionaria, esas normas ou hábitos de cortesía ou saber estar e de privacidade seguen ahí, distintas, pero ahí. O problema é que antes todo era cara a cara e un traspés quedaba na nosa pequena rede social, familia, veciños, barrio, pero coa globalización todo está á vista de todos e debemos ser conscientes delo e de que estará ahí sempre. Non é cuestión de collerlle medo ou renegar dela pero sí coñecela e aproveitala no noso beneficio, que será moito.

La tecnología fría y el vector de la vida creativaCada quen debe acadar un PLE (Entorno Personal de Aprendizaxe) suficientemente versátil para adaptarse o seu futuro de contínuo aprendizaxe.

Os primeiros pasos serán os encamiñados a establecer as canles de comunicación, os grupos de traballo, as primeiras fontes de información e, logo, os vosos portfolios ou bitácoras onde vós seredes os protagonistas, os creadores e difusores de coñecemento.