Materiais de consulta. Para ter a man e lembrar "como era aquilo de..." (Abrir nunha xanela nova, premendo co botón dereito)
Accesibilidade
- Definir correctamente os parágrafos:
- En eXe, crear parágrafos novos pulsando UNHA soa vez en Enter.
- Moodle non define os parágrafos correctamente (non coloca as etiquetas <p> e </p>) polo que debería editarse o código HTML diretamente.
- Definir os títulos ou encabezamentos de sección:
- Tanto en eXe coma en Moodle como en LibreOffice, empregar sempre o menú de Formato para configurar os títulos e numeralos consecutivamente, sen saltar a orde.
- Numerar sempre os títulos e apartados:
- En Moodle, comezar dende o título dos módulos do curso
- En eXeLearning, comezar dende a páxina de inicio de cada páxina web.
- Definir correctamente as listas:
- Crealas coas iconas do editor de texto: Listas ordenadas ou desordenadas.
- Texto alternativo ás imaxes:
- Identificar as imaxes con texto alternativo
- Táboas accesibles:
- Poñerlles un título na casilla para iso.
- Resumir o seu contido na casilla para iso.
- Ligazóns:
- Ou ben no texto da ligazón ou ben no texto alternativo debe indicarse que é unha ligazón.
- Abrir as ligazóns en xanelas novas, e indicalo nalgún dos textos.
- Indicar nalgún dos textos o sitio web, documento... que se abrirá.
- Separar contidos de apariencia:
- Usar a ferramenta ou icona "Citas" exclusivamente para citas, non para sangrar párrafos.
- Evitar o uso de táboas para maquetar imaxes.
- Maquetar empregando follas de estilo css.