Materiais de consulta. Para ter a man e lembrar "como era aquilo de..." (Abrir nunha xanela nova, premendo co botón dereito)

Atribución (BY)

Cita de textos, imaxes, vídeos, sons...

Todos estes materiais levarán incluída debaixo a referencia. Esta información aparecerá no tamaño de fonte 1 (8 puntos) nunha fila debaixo da imaxe. A referencia seguirá un destes dous formatos:

  • Título do recurso (en cursiva). Imaxe de (autor coa ligazón) en (ubicación). Licenza Creative Commons baixo a que se ofrece o contido.
  • Título do recurso (en cursiva). Imaxe en (ubicación na web) de (autor coa ligazón á ubicación da Rede), licenza Creative Commons baixo a que se ofrece o contido.