SCRATCH

Tarefa

Nesta ocasión non tedes unha única opción, senón 3, para acadar os obxectivos desta tarefa.

Podedes escoller a que queirades, todas teñen unha puntuación máxima de 100 puntos ainda que a marxe de liberdade, creatividade e complexidade que queirades adicarlle pode ser susceptible de sustituir outras tarefas posteriores asumindo as súas puntuacións (este aspecto deberá tratarse directamente co profesor).

As 3 opcións empregan ferramentas de PROGRAMACIÓN distintas, se cadra a máis sinxela é a Opción 1 de Scratch que será a que máis vaiamos definir:

Scratch ten a vantaxe de poder ver o código de programación doutros proxectos xa creados. Todo é Copyleft ou CC-BY polo que o voso traballo tamén o será e polo tanto non podedes empregar recursos (imaxes, vídeos ou sons) con dereitos de autor.

Antes de poñervos a traballar nesta tarefa tedes que comentala no FORO "Programar é cousa de nenos" e esperar á autorización do profesor.

Ao rematar o voso proxecto deberedes publicalo no voso blog co comentario oportuno e logo enviar a url acortada da entrada á Tarefa "Programar é cousa de nenos" deste AV para a súa corrección.