Cóntame un conto ou leme unha poesía

Entrega das videopoesías que concursan

Dado que as datas de entrega son distintas:

I Concurso de Vídeo Poesía IESEBA: 28 de marzo de 2014.

PALABRASINPAPEL: 23 de abril de 2014.

Queda establecida esta folla de cálculo compartida "Concurso Videopoesía" como lugar receptor dos traballos de xeito que un par de días antes de cada data de entrega se lles envía o contido existente nese momento.

Procurade non eliminar ningunha entrada dos compañeiros e de cando en vez botádelle un ollo para comprobar que a vosa tarefa segue rexistrada.

Conviría que todos rexistrásedes os equipos cos datos dos compoñentes para máis adiante incluir os enlaces.