Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. ITIn
  3. Topic 1
  4. O GRUPO NOMINAL

O GRUPO NOMINAL

Completion requirements

O GRUPO NOMINAL

 

Obxectivo:

 - Fomentar o debate e o consenso na toma de decisións.

- (Neste caso para) avaliar o traballo en equipo polo grupo-clase

  
Desenvolvemento:
 

 1º.- Cada equipo-base e seguindo a estrutura  1-2-4, reflexiona sobre como está a funcionar a clase globalmente, en torno a dúas cuestións: que está ben e que debería mellorarse.
 

2º.- Logo, a clase reúnese en asemblea e cada equipo fai unha achega a cada unha das cuestións; primeiro cada equipo fai unha achega, e logo a seguinte achega, así ata que todos os equipos digan o que teñen recollido. Vaise anotando na pizarra e si algo xa se dixo, non se anota.

 

3º.- Cando xa estean feitas todas as achegas dos equipos  a cada unha das dúas cuestións formuladas, vólvese aos equipos, e seguindo a estrutura lapis ao centro, numéranse cada unha das achegas, de xeito que, a achega que se considera máis importante dáselle un 1, a seguinte un 2, e así sucesivamente. Deste xeito, poderemos ordenar as propostas, de modo que a que obtivo menos puntuación é a que se considera máis importante e así sucesivamente.

 

4º.- Cando todas as propostas, de ámbalas dúas cuestións, están ordenadas de maior a menor importancia, o grupo-clase pode facer un plan de mellora para o trimestre seguinte, baseándose, sobre todo, nas cuestións a mellorar. Este plan de mellora recollerase nun documento que se porá na cortiza da aula.


 
You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle