Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. Pro20
  3. Topic 4
  4. Tarefa 7: Labirintos. Programa. 100 ptos. 12/12/2020.

Tarefa 7: Labirintos. Programa. 100 ptos. 12/12/2020.

Completion requirements
Opened: Monday, 16 September 2019, 1:00 AM
Due: Saturday, 12 December 2020, 11:55 PM

Tarefa de entrega individual e realización por parellas. 100 ptos. 

Neste 1º RETO tes que Deseñar un Xogo de Labirinto na túa conta persoal de Scratch.

O labirinto debe incluir unha imaxe de portada con Licencia CC na que a túa personaxe saúde ou presente o xogo.

Esta tarefa recolle a puntuación da parte creativa do voso labirinto.

Se clicas na seguinte imaxe podes acceder ao meu (programación incompleta).

Tes internet para investigar e/ou inspirarte pero xa te recomendo este capítulo do Libro "Videotitoriais SCRATCH" que tes nesta Aula Virtual e tamén poderías xerar un dos laberintos  empregando o Xerador comentado neste artigo de Microsiervos.

Tamén podes ollar os estudios de labirintos dos cursos pasados: ieseba_16_labirintos, ieseba_17_labirintos.

Entrega (tes que repetir o xa feito na primeira parte da Tarefa de Labirintos):

Unha vez rematada a edición da información copia a URL do teu Proxecto, que terá unha estrutura similar a https://scratch.mit.edu/projects/133458458/#player.

  • Clica embaixo en "Agregar Tarea" e na caixa de texto que se abre escribe o título do teu proxecto e o teu nome (autor).
  • Selecciona o Título.
  • Clica na icona das cadeas (Insertar/Editar hipervínculo) e pega na caixa a URL do teu proxecto (Botón Dereito - Pegar)
  • Escolle "Abrir en una ventana nueva".
  • Remata clicando en "Crear enlace". Xa tes o teu Proxecto enlazado (o título está en azul).
  • Ahora envía a túa tarefa clicando no botón "Guardar Cambios".

Criterios de cualificación:

  • Dado o carácter creativo non procede listar obxectivos, os 100 ptos irán para os máis creativos e de ahí proporcionalmente cualificaranse os demáis.
  • Se houbera reenvíos por comentarios do profesor descontaranse 5 ptos por cada un deles.

Ideas ou Suxestións:

  • Labirinto para 2 xogadores.
  • Máis fondos-nivéis.
  • Efectos visuais
  • Menú de opcións no comezo do xogo.
  • Marcadores (nivel de pantalla, puntos, ...)

Se non hai envío ou entrega non hai cualificación, aínda que si exista o xogo e se tivera entregado na outra parte ou tarefa. O enlace será ao xogo na conta persoal en Scratch do remitente.

A cualificación máxima obterase entregando correctamente a tarefa antes das 23:55 do día sinalado no título da tarefa.

As entregas posteriores terán un desconto do 10% semanal en concepto de retraso ata un máximo do 40%. Neste caso teranse en conta para a 2ª Avaliación.

As entregas posteriores á primeira cualificación do profesor (máximo 3) para corrixir ou mellorar nota terán un desconto do 10% en concepto de axuda do profesor. 


You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle